Artículos

Virus FIFA no Lugo: onde están El Hacen e Djaló?

por Denís Iglesias 20 noviembre, 2020
Virus FIFA vs. Nafti | Pablo del Valle.
Tiempo de lectura: 4 minutos

Hai un proverbio africano que di que os europeos teñen os reloxos pero os africanos poseen o tempo, e razón non lles falta logo de ver o dilatado regreso de Moctar El Hacen e Marcelo Djaló. O internacional mauritano e o guineano non tiveron un regreso rápido logo dos seus compromisos na fase de clasificación para a Copa África de Nacións (CAN). Na previa ó partido contra o Alcorcón (19:00 horas), Nafti, adestrador do CD Lugo, non disipaba as dúbidas sobre o seu paradoiro: “Non sabemos onde están”. Un Virus FIFA sen vacina…

La ilustración que encabeza este artículo es de Pablo del Valle (@pablo_dvp), autor de #JuanfranBarberShop y #NaftiBarberShop. Sólo permitida su reproducción bajo cita del autor y del medio.

O pasado domingo disputáronse os partidos correspondentes á 4º xornada de clasificación para a CAN con malos resultados para os seleccionados albivermellos. No caso de Marcelo Djaló, convocado por Guinea Bisau era previsible dado que o rival era Senegal, selección que suma os seus partidos por victorias ata o de agora e que foi a primeira en acadar o pase matemático.

Cabe destacar que os djurtus, alcume co que se coñece a selección e que fai referencia a un animal mestura de raposo e lobo; conseguiron aguantar o partido ata quedar con 10 xogadores. Cando o partido encaraba a recta final e semellaba que podían rascar un punto, chegou o mazazo co gol senegalés que poñia os pés na terra.

Probablemente esta sexa a última nova que teñamos de Djaló e os seus compañeiros. Coma se dunha dimensión paralela se tratase, os xogadores non deron sinais, e non sabemos se seguen en Bisáu, se foron abducidos por alieníxenas ou se están a celebrar unha churrascada ante as restriccións europeas por mor da Covid.

Captura do Instagram de Jefferson Encada, xogador do Leixoes.

Seguirlle a pista a esta selección non é doado, xa que non teñen sequera canles actualizadas en redes sociais. O dato que se pode aportar, logo de rastrear as contas dos xogadores seleccionados é que, por exemplo, Jefferson Encada, extremo dereito do Leixoes SC portugués, estaba onte xa adestrando co seu equipo. Este xogador estivo na convocatoria para os dous partidos contra Senegal, malia que non disputou minutos.

Vo con saída do aeroporto internacional de Nouakchott

Caso similar ó de Djaló é o de El-Hacen, máis coñecido na Gallaecia como El-Deseado. A deusa fortuna non se aliou co rapaz e caeron con estrépito por 3-1 ante un combinado que non estaba chamado a dar demasiados problemas. Os morabitóns xogaban contra Burundi en Bujumbura. Cecais este exceso da vogal “u” provoca escordaduras no noso aparato fonador provocando efectos secundarios no noso organismo coma impaciencia e desesperación ante a ausencia do xogador que dá paz só coa súa presencia na convocatoria. Pero o Virus FIFA tamén está nos vos de regreso.

Imaxes publicadas en redes sociais polos xogadores mauritanos sobre o seu regreso.

O máis chamativo foi escoitar a Nafti na rolda de prensa cando lle preguntaron por este tema. A súa resposta aínda máis sorprendente canda dixo que non sabían onde andaban. Será este un caso para que Paco Lobatón regrese en horario de prime time a resolver o enigma de todos os lucenses? Sen dúbida si, pero como os shares mandan hoxe en día, a emisión acabaríase na primeira pausa publicitaria ante a pouca espectación suscitada.

Virus FIFA: se non o queres non os teñas

Polo tanto, e despois de desplegar un innumerable arsenal de espías de Lugoslavia, chegamos á conclusión de que os xogadores estaban na madrugada do xoves no aeroporto de Nouakchott. En realidade, as historias que tan de moda estiveron estes días axudáronnos a esta laboura de investigación.

Compañeiros de selección publicaron fotos no aeroporto no que se presupón o camiño de volta a Europa. Cabe destacar que esta travesía polo continente africano será habitual de aquí cara a final de temporada. Aínda queda unha nova data de compromisos internacionais no mes de marzo na que volverán a perderse partidos da liga. A solución deuna Nafti nunha rolda de prensa desta semana: se non queres que isto suceda non fiches a xogadores internacionais. Aínda que para un clube coma o Lugo semella maior beneficio ca incordio. Xa sabemos Isto é Lugo e aquí hai que esperar!

Apoya Lugoslavia: Anúnciate y suscríbete

Anúnciate o suscríbete a lugoslavia

Lugoslavia es un medio independiente nacido de la iniciativa de un grupo de profesionales de la comunicación y aficionados del CD Lugo. Un proyecto en el que hemos depositado muchas horas de esfuerzo. Necesitamos tu apoyo para seguir adelante. Con la misma filosofía 100% albivermella de siempre pero con más y mejores recursos. Anúnciate, patrocina, colabora o suscríbete a nuestro canal de Youtube para que podamos mantener el contenido. Ahora más que nunca, os necesitamos. ¡Juntos somos más fuertes! >>¡Hazlo posible! Escríbenos a redaccion@lugoslavia.gal o a nuestras RRSS y te informaremos de posibilidades y condiciones.

Comparte:

Deja un comentario