ActualidadCrónica

O espertar da forza no CD Lugo: todocampista Señé e The Whalley

por Denís Iglesias 27 agosto, 2022
Tiempo de lectura: 3 minutos

O CD Lugo acadou o primeiro triunfo da temporada fronte ao CD Leganés (1-0) cun tanto de Señé. Suficiente grazas ao bo facer de Whalley, autor doutra colección de paradas prodixiosas que amosan un estado de excelencia futbolística. Bo primeiro tempo, intenso, e cunha cara nunca vista no que vai de temporada. E un segundo acto de sufrimento esperable. Partido para lembrar do debutante Jesús Fernández e sobre todo de conxunta coa bancada e no grupo. Excelente na súa amizade interior.

A incerteza dominaba o ambiente do Anxo Carro. As dúas primeiras actuacións do equipo de Hernán Pérez eran un espello no que ninguén quería mirarse. Unha exposición breve e prematura no tempo, pero suficiente como para amosar as fisuras dun proxecto a medio acabar polas ciorcunstancias do mercado. Mais calquera cun mínimo de memoria sabe que os inicios no CD Lugo son importantes para os proxectos persoais dos adestradores. Mais aínda como defenden as súas posturas no campo.

Estrea de Jesús Fernández

Se hai algo que se lle pode atribuir a Hernán Pérez é a súa valentía. Un propósito que defende nas prácticas, como indican os que asisten aos adestramentos. Sempre enriba de cada xogador, facéndolle ver o necesario que é estar concentrados. E fuxindo de todas as escusas. Valentía que tamén amosa nas aliñacións, como constatou contra o Leganés, poñendo de inicio a Jesús Fernández, formando parella con Neyder Lozano. O mozo asturiano do filial asumiu con mérito a papeleta. E non era nada doado.

O CD Lugo foi un equipo vivo, sumando cunha bancada que volveu a animar despois do silencio forzado pola inacción do club

Primeiros minutos co primeiro equipo e nunha posición á que se reconverteu nos últimos tempos este mediocentro. Non se botou atrás e soubo defenderse xunto a un compañeiro de batallas que está atopándose a si mesmo, nesa tolería da volta á rutina logo de anos de sufrimento e un cravo na perna. Jesús foi un dos aros dun mapa cromático que cambiou por completo con respecto ás primeiras xornadas. O CD Lugo foi un equipo vivo, sumando cunha bancada que volveu a animar despois do silencio forzado pola inacción do club con respecto á animación.

Todocampismo e amurallamento

Prometeron resposta e solución. Agárdase que sexa tan rápida como a que amosou no campo un conxunto que logrou poñerse por diante da man dun excelso Josep Señé. Un todocampista chamado a ser o xogador franquicia albivermello, sempre co respeto a un Óscar Whalley que xoga noutra categoría. O medio catalán acertou cun remate a morte de cabeza logo dun centro de Jaume Cuéllar. Dar primeiro, ben sabido é, vale máis que nada nesta categoría. Sobre todo cun equipo como o Leganés, descentrado por un inicio en branco.

Os trocos empurraron ao Leganés, sobre todo co ingreso ao terreo de xogo de Gaku Shibasaki

O conxunto amurallado foise ben contexto para o túnel de vestiarios. Había intensidade e unha absoluta vontade por vivir máis aló da defensa esaxerada baixo dos paos e un trastorno de ataque con defensa que so protexía o meta albivermello. Pero quedaba moito tempo e coas modificacións que lle esperaban a cada conxunto, todo podía acabar cun resultado contrario. Os trocos empurraron ao Leganés, sobre todo co ingreso ao terreo de xogo de Gaku Shibasaki e Fede Vico. Entón, volveron os tempos de bloque baixo e sufrimento, algo que, por outra, é máis que esperado nun equipo feito para sobrevivir. Disposto a identificar o código sanguíneo do rival para extraerlle cada pinga de sangue ata que non quede nada.

E saque de curruncho a saque de curruncho, o partido foi morrendo, con outra marabilla por intuición de Whalley, que fai mellor ao resto. Quixo Hernán Pérez poñer un futbolín. Este acabou coas varas desfeitas, mais desta volta foi diferente. Tres puntos e unha cabalgada do retornado El Hacen -preremate fallido de chileno- para o efecto lembranza. E as aparicións demenciais de Pirri, cun pase de categoría para abrir e logo coberturas de calquera xeito para atrás. E un dereitazo de Sebas que a piques estivo de supor a sentencia. Forza a través. Marexada. Mar de fondo e a lingua por fora. Ninguén espera menos.

Ficha técnica CD Lugo 1 – 0 CD Leganés

CD Lugo: Whalley; Loureiro, Jesús Fernández (Pirri, min.79), Neyder Lozano, Zé Ricardo; Xavi Torres, Señé (Juanpe, min. 79); Cuéllar (El Hacen, min.88), Chris Ramos (Sebas, min. 71); e Manu Barreiro.

CD Leganés: Dani Jiménez; Miramón, Jorge Saenz, Omerou, Josema (Kravets, min. 74); Dani Raba (Fede Vico, min. 62); Rubén Pardo (Manu Garrido, min. 87), Cissé (Gaku, min. 62); Naim, Qasmi (Juan Muñoz, min. 62); e José Arnaiz.

Árbitro: Fuentes Molina (Colexio Valenciano). Amonestou aos locais Manu Barreiro, Zé Ricardo; e a o visitante Dani Raba.

Marcador: 1-0: Señé (min.27), de cabeza, a pase de Cuéllar.

Incidencias: xornada 3 en LaLiga SmartBank. 2.299 espectadores.

Comparte:

Deja un comentario