ActualidadPrevia

Camareiro, outro vaso de licor café

por Borja García Varela 22 abril, 2017
Paulo Gazzaniga

Contenidos de la página

Tiempo de lectura: 2 minutos

A remontada ante o Real Oviedo a pasada semana no Futbolín supuxo tanto para o plantel como para a afección alvibermellos unha inxección de adrenalina misturada con licor café de Ourense. Ou xa sen inxección. Sentou coma un desdes tóspiros bravos que saben doces no padal pero que cando os pasas gorxa abaixo rascan a Jesucristo pero prestan que nin Dios. Con esa sensación afróntase o encontro desta tarde.

Co ardor do vaso baleiro máis co ímpetu do de Cartaya plántase o CD Lugo no Campo de Fútbol de Vallecas. A situación é axeitada. Logo da infame derrota ante o Getafe, o equipo de Luis César colleu aire e tomou as cousas doutro xeito. Tal foi así que antes de gañar ao Oviedo, venceuse ao Reus para logo empatar ante o Cádiz nun sempre impoñente Ramón de Carranza. Esta racha de partidos propiciou que os galegos voltasen a coller unha posición na beira dos postos de playoff. Aínda que son catro os puntos que os separan da zona de privilexio, os recortes ante rivais directos destas últimas xornadas foron significativos.

Ademáis, as sensacións que mostran os alvibermellos sobre o campo pouco teñen que ver ás que se puideron percibir na última visita Madrid. É por iso que se debe manter a euforia lo licor café da semana pasada ao son de ferro a fondo e fe en Dios.

Quizáis a nova máis destacada na parroquia roxibranca pouco ten que ver có partido de hoxe. Trátase da incorporación de Víctor Moreno coma novo director deportivo. Moreno abandona a disciplina manchega logo de varias temporadas á fronte da secretaría técnica. Temporadas nas que chegou a coincidir con Luis César.

Enfrente atoparase un Rayo Vallecano saboreando tamén un momento doce. Logo da nefasta tempada formulada tanto por Sandoval coma por Rubén Baraja, asemella que Míchel colleu o punto desde equipo, que puxo a carburar de novo ao rabadense Trashorras e que as cousas van polo bo camiño. Tanto é así que os madrileños suman xa cinco partidos sen coñecer a derrota entre vitorias e empates.

Hoxe ante o Lugo pretenden seguir con esa racha que lles permita achegarse un pouquiño máis á permancia na categoría.

Protagonistas

Paulo Gazzaniga, gardamallas arxentino do Rayo Vallecano, está mostrando o seu valer baixo os paos logo do gran partido que fixo a xornada pasada ante o UCAM, sendo protagonista e valedor principal da victoria ante os universitarios.

Toni Dovale volve a enfrontarse ao seu exequipo. O coruñés incorporouse á disciplina rayista logo de rescindir o contrato có Leganes por falta de minutos na Primeira División. Joselu Moreno, con vinte goles e máximo goleador do CD Lugo, pretende adiantar a Roger no seu camiño por acadar o trofeo Pichihi.

Convocatoria CD Lugo: José Juan, Roberto; Kravets, Jordi Calavera, Carlos Hernández, Manu, Manu, Marcelo Djaló, Ignasi Miquel y Dealbert; Iriome, Fede Vico, Pita, Campillo, Yelko Pino, Damià, Seoane; Caballero y Joselu.

Convocatoria Rayo Vallecano: Gazzaniga, Mejías, Galán, Quini, Rat, Álex Moreno, Amaya, Íñiguez, Trashorras, Baena, Santi Comesaña, Fran Beltrán, Jordi Gómez, Embarba, Ebert, Lass, Manucho y Javi Guerra.

Ficha do partido

Vallecas, sábado. 18:00 horas.

Rayo Vallecano (8º, 48 puntos) – CD Lugo (15º, 40 puntos)

Árbitro: Figueroa Vázquez (Andalucía)

Comparte:

Deja un comentario