Artículos

Eu acúsome

por Colaboración 16 marzo, 2018

Por J. Gabriel Anaya, socio do CD Lugo

Para quien aspire al primer puesto no es indecoroso quedarse en el segundo o tercer puesto.

Cicerón

Ante a pasión polo fútbol habería que explicar algunhas cousas. Especialmente cando o fútbol nos gusta e, de feito, somos socios dun equipo: o CD Lugo.

¿Ten algo que ver a violencia co fútbol? Sería moi fácil, sen dubida, sinalar que non, que é produto duns grupos incontrolados que serían igual en calquera outro lugar. Sen embargo, e aos feitos remítome, resulta que noutros ámbitos da vida non existe tal violencia como nos partidos de fútbol. Polo tanto, é indudable a tenor dos feitos, o fútbol garda relación con esa violencia.

Pero, dicir que o fútbol garda relación coa violencia é igual a non dicir nada. Porque do que se trata agora é, non so de sinalar, senón de explicar que relación garda o fútbol coa violencia que se xera arredor del.

Os afeccionados nos transformamos cando acudimos a un estadio:

  • A persoa máis tranquila convértese nun energúmeno ante as decisións que un xuíz toma en contra do seu equipo, perdemos totalmente a obxectividade e cremos estar en posesión da verdade, aínda que non sempre sexa certo.
  • Vemos xogadas que no campo contrario non veríamos ou seriamos capaces de explicar de forma razoada.
  • Sempre estamos convencidos de que hai unha confabulación contra o noso equipo e, sobre todo, a defendemos.
  • Vivimos unha realidade paralela.

Dito todo isto, eu como afeccionado creo que nas altas instancias federativas están convencidas que nunca pasará nada e seguen nas súas trece. Pero os sinais indican todo o contrario, simplemente basta con recordar o acontecido este fin de semana en diferentes ligas Europeas,

  • En Lens onde os afeccionados intentaron agredir aos xogadores do seu equipo
  • En Salónica onde o presidente parecía máis un mafioso que un dirixente,
  • En Londres onde os propietarios do West Ham deixaron o London Stadium este sábado en pleno partido, a raíz dos incidentes desatados sobre o céspede e nas tribunas durante a derrota do seu equipo.

Se a quen corresponde non toma decisións convincentes, a violencia no fútbol será unha constante e volverase insostible.

“Eu acúsome a min mesmo”

Foto principal: un seareiro do West Ham cunha bandeirola de córner o pasado fin de semana | Fonte: Reuters. 

Comparte:

Deja un comentario