A estas alturas da tempada, os equipos dunha Segunda sempre axustada deberían ser un exemplo de fordismo. Recoller, colocar na liña de montaxe, ensamblar, empaquetar e volver a comezar. Van xa suficientes semanas como para non coñecer a división do traballo e a produción en serie de xogadas. Pero a cadea do Lugo vai unhas semanas que perdeu sentido. A baixada de ritmo era previsible nun equipo que no terreo físico non vai sobrado, pero o preocupante é que os elos da liña de ensamblaxe non se entenden entre si. (más…)

