Actualidad

Xogar para gañar?

por Jesús Blanco Valcárcel 10 marzo, 2022
xogar para gañar
Tiempo de lectura: 3 minutos

O 4 de julio é o “Independence Day” dos Estados Unidos de América pero no ano 1990 tamén foi o día no que Alemaña Federal impoñíase a Inglaterra na semifinal da copa do mundo no estadio Delle Alpi de Turín, na rexión do Piamonte. Ese partido daría lugar a unha das frases que máis se repetiu no fútbol moderno dende a época, a frase que o dianteiro Gary Lineker “O fútbol é un deporte onde xogan 11 contra 11 e sempre gaña Alemaña”, con esa frase, o inglés veu a referirse a que daba igual como xogase o conxunto teutón que sempre se erexiría gañador do encontro e neste punto nos atopamos hoxe, 10 de marzo do ano 2022 onde a parroquia albivermella discutía e valoraba a victoria do CD Lugo ante o Alcorcón polo mal xogo do conxunto dirixido por Rubén Albés.

Os que me coñecen saben que son un apaixoado do fútbol de posición, de control, de ser protagonista con balón e de que é máis complicado generar que destruir no deporte en xeral pero no fútbol en particular e, aínda así, disfruto con equipos traballados tácticamente e que se decantan por outro tipo de fútbol onde procuran facer máis dano o espazo, esperar replegados o equipo rival e xuntando liñas ou mil formas máis que existen de practicar este deporte, todas son lícitas, todas son legáis e todas son efectivas en determinados momentos e contextos pero o que un ten que ter claro é que independientemente de como xogues o partido ten un valor de 3 puntos e o Lugo, despóis de anos sufrindo, primeiro ten que amarrar a permanencia con tranquilidade, ter una estabilidade no banco e partir de ahí construir moitas máis cousas como un estilo de xogo.

Permítanme os lectores poñer dous exemplos recentes de fútbol, un é o City 4-1 United onde o equipo de Pep foi tan superior o seu rival que os “Red Devils” soamente deron 16 pases nos últimos 15 minutos de encontro; 16!!! O outro encontro é a eliminatoria entre o PSG e o Real Madrid onde os franceses foron superiores os blancos durante 165 minutos e en soamente 20 minutos o Madrid demostrou ser moito máis equipo. Pois ben, ambos equipos lograron o seu obxetivo dunha forma diametralmente oposta, uns a base de ser dominadores e os outros a pesar de ser dominados demostraron unha confianza e unha fortaleza mental abraiante… pois se nos paramos a pensar, o Lugo de Rubén Albés ten parte desas dúas victorias e amosouno durante todo o ano e ainda así hai xente que se queixa do xogo; que soamente acepta unha proposta futbolística e que sempre sacann as comparativas co Lugo de Quique Setién pero nadie asume que para chegar a ese tipo de xogo teñen que darse moitos condicionantes que a día de hoxe nin entidade, nin plantel nin corpo técnico teñen. Isto non é unha crítica, é unha alabanza a todos eles porque aquí, como dixo Luis Aragonés, o importante é “gañar e gañar e gañar e gañar e volver a gañar”

O Lugo non xogou ben contra o Alcorcón pero de aí a asubiarlle aos xogadores dende a grada vai un treito moi longo, tan longo coma as 16 xornadas que estivo sen gañar a temporada pasada. A memoria do afeccionado é moi volátil pero convén repensar e replantearse a día de hoxe que o Lugo é o segundo equipo con menos derrotas esta temporada, soamente o Eibar ten unha menos, 5, e é o líder. Un equipo que perde tan poucos partidos non xoga mal ao fútbol, pode gustarche ou non pero non podes afirmar de forma rotunda que é un equipo que xoga mal, é máis, cecáis sexa dos equipos que mellor compiten da categoría. O preparador vigués otorgoulle a este equipo unha capacidade de sufrimento e de agarrarse aos encontros que é difícil de recordar en Lugo e iso é un plus para sacar os resultados adiante.

Por conseguinte, eu creo que o máis importante na tesitura do CD Lugo actual é gañar, non importa o como, polo civil ou polo criminal pero o clube ten que salvarse, quedar o máis arriba posible por temas de televisión e porque non, non soñar con un posible playoff de ascenso a Primeira División pero para aspirar a iso, o equipo ten que ter o apoio incondicional do afeccionado ao que lle hai que recordar que todos os equipos teñen partidos moi malos e que ser capaces de sacar a diante esos partidos tamén che da un plus de confianza máis aló de gañar xogando ben. O Lugo de Albés é un equipo moi traballado, con un estilo de xogo moi definido e moi adaptado ao perfil de xogadores que ten, a súa vez demostrou esa entereza mental para sobreponerse aos contratempos e sen dúbida algúnha e por riba de todo é un moi bo equipo de fútbol pero para que a palabra se torne en EQUIPO, a afección temos que apoiar incluso en días malos como o do pasado domingo onde unha desmesurara obriga por gañar fixo que os xogadores amosasenun bloqueo mental que non se viu axudado dende a grada.

XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES.

Comparte:

Deja un comentario