Artículos

«E que non tiran», na memoria de Carlos Viador

por Denís Iglesias 30 diciembre, 2021
Carlos Viador
Tiempo de lectura: 3 minutos

Carlos Viador, primeiro pola esquerda, nunha foto de arquivo do CD Lugo.

As redes son capturas de persoas que acaban xuntas, na meirande parte das veces discutindo por temas dos que ningunha das partes ten plena razón nin coñecemento. Por iso eu prefiro os campos de fútbol, que te poñen en contacto con veciños que pode que doutro xeito nunca conseguiras coñecer ou tratar. E faino baixo o paraugas dunha mesma paixón, que no noso caso é a do CD Lugo. Así foi como coñecín a Carlos Viador.

O Anxo Carro resultou o escenario no que naceron amizades que se foron fortalecendo co paso das xornadas, nas que, ollo, tamén se produciron debates encornados sobre os intereses albivermellos. Mais calquera de nós, vivindo nesta anormal pandemia, non pode máis que botar de menos a quen o acompañou en máis derrotas que vitorias.

O ano pasado díxenlle adeus a Manolo, responsable dunha parte importante de que eu sinta e padeza ser do CD Lugo. Porque sexamos sinceros, se a estas alturas un non sabe que afiliarse a esta causa é sufrir, é mellor que poña rumbo a outro pavillón. Desta volta dígolle adeus a Carlos Viador, quen fora supervisor das gardas no HULA e antes na Residencia. Pero sobre todo, camarada no Estadio do Miño.

Viador puxo rumbo ao descanso antes de tempo aos 72 anos por culpa dunha innomeable doenza para a que non hai vacina, esa que tantos desprezan algúns, negando a razón da especie humana. Fíxoo logo de darlle o mellor aos seus fillos e de ter alentado ao CD Lugo como se lle fose a vida que agora transforma.

O seu berro de loita: «E que non tiran!», lanzado cunha voz rouca que tan ben pegaba coa neboa e que non precisaba de altofalante. De baixo que amortigua a harmonía dun coro. Severa, pero certa. A proba de lizipaina e, sobre tódalas cousas, a súa era unha palabra comprometida.

A lóxica frustración de calquera seareiro que ten que sufrir como o balón se perde entre as pernas de propios e contrarios. Como se entende que esa bola, perfecta e esvaradiza, non estea na portería rival nada máis chegar aos pes dun xogador propio? Era unha frustración moi repetida por Viador dende o seu escano do Fondo Norte, xusto enriba de onde sentaba a disolta Peña Lugoslavia, da que agora queda algún axente libre.

A extinta Peña Lugoslavia, con Viador ao fondo, pensando de onde sairía semellante tropa.

Viador non era dos que calaba facilmente. Non lle era suficiente entoar unha vez a súa proclama. El quería, sobre tódalas causas, que os xogadores albivermellos non esquecesen o seu labor fundamental. «Hai que tirar!», explicaba unha e outra vez a un nivel de decibelios que era perfectamente distinguible dende o Fondo Sur.

E pode que desa insistencia naceran goles como o de Juan Carlos contra o Sporting. Seguro que a instrución deste ATS se incrustou nos miolos do porteiro para pegarlle e cravarlle un tanto de película ao rival permitindo unha postal inesquecible no templo dos lugueses.

Ánimos e reforzos

Logo do «e que non tiran!» viña unha crítica xa máis repousada sobre algún dos aspectos do xogo ou dirixida cara a un futbolista. Pero esta xa tiña como destinatarios os que estabamos máis preto del. Non quería minar a moral de ningún dos representantes albivermellos no campo, aos que agradecía o esforzo cun «ben, ben» que era un aloumiño.

El, acostumado a xestionar os reforzos do hospital, nunca pedía ficahxes de máis: defendía aos que estaban e nos que confiaba plenamente

El, acostumado a xestionar os reforzos do hospital, nunca pedía fichaxes de máis. Defendía aos que estaban, aos que coñecía ben e por iso lles pedía en función das súas virtudes. Nada grave, pero necesario. Pedía tanto «tirar» porque el levaba toda a vida subindo e baixando escaleiras para botarlle unha man ao resto sen pedir máis que unhas pingas de compromiso.

Así, malia que os toques de máis, tan frecuentes na era de Quique Setién, minaban a súa paciencia, era o primeiro que se levantaba despois do asubío final do encontro para aplaudir ao CD Lugo. Non importaba o resultado. El nunca condicionaba a experiencia de ver en Segunda ao seu equipo a unha boa ou mala tarde. Desafogaba, si, pero sempre recompensaba o presente.

Viador foi un xenio da palabra sinxela e do intercambio ameno que nunca rexeitaba, malia que algún lle pedía, case con súplica, que baixara o volume das peroratas. Como se o sentimento puidera apagarse cun termóstato. Aínda así, el case sempre aceptaba a crítica. Aínda que en canto asimilaba as desculpas e vía aquel dianteiro pensando que facer co esférico a uns metros da rede da gloria… Aí, el volvía a berrar como se estivera no paredón dun pelotón de fusilamento: «E que non tiran!».

Carliños, descansa en paz.

Comparte:

7 Comments

Sonia viador 30 diciembre, 2021 at 12:23

En nombre de la familia… gracias…muy emocionada…muy ….ese era mi padre…su voz ronca era profunda porque salía del alma …era todo corazón y todo alma y lo ponía en todo lo que hacía y para todos los que tenía cerca… gracias

Reply
Lugoslavia 11 enero, 2022 at 11:53

Gracias a ti, Sonia. Un abrazo grande para la famlia.

Reply
Carlos Viador Casanova 30 diciembre, 2021 at 15:33

Muchas gracias por este reportaje!!! Os lo agradecemos de corazón toda la familia!!!

Reply
Lugoslavia 11 enero, 2022 at 11:53

Gracias, Carlos, un fuerte abrazo para todos.

Reply
Anónimo 30 diciembre, 2021 at 16:19

Una buena persona .D.E.P

Reply
Orballo Vasco Gallega 30 diciembre, 2021 at 17:49

Mi más sentido pésame Carlos!😓un abrazo inmenso

Reply
Wendo 31 diciembre, 2021 at 00:08

Precioso homenaje y muy merecido,un besito familia.Asi era Él, todo corazón ❤

Reply

Deja un comentario