ActualidadArtículosScouting

Moctar Sidi El Hacen El Ide

por Colaboración 7 octubre, 2020

Dise que o 14 de febrero é o día para celebrar a efervescencia do amor, ese que xurde entre dúas partes, xa sexa buscado ou por casualidade, e que supón una época de ledicia e admiración mutua entre elas. Para os afeccionados do Club Deportivo Lugo, o San Valentín do 2020 chegou dous días tarde, xusto o tempo que necesitou Moctar Sidi El Hacen El Ide en anotar o gol da vitoria do conxuto albivermello no Fernando Torres.

El Hacen chega a Lugo sendo un descoñecido para a meirande parte da parroquia lucense pero non tardou máis de un partido en convertirse nun xogador admirado e querido pola afección. Se nos deixamos guiar pola apariencia, o xogador nado en Arafat cumple cun prototipo que case todos os afeccionados queren no seu equipo; un tipo físico, de esforzos longos e que abarca moito campo. Pero o certo é que El Hacen non é soamente iso.

Se ben é certo que o seu primeiro partido co Lugo non foi o mellor que tivo, sí nos serve para facernos unha idea do xogador viña de asinar o CD Lugo. El Hacen demostrou dende o primeiro momento que para él, o esforzo non é negociable pese a non estar acertado co balón como aconteceu ese día. (Isto é Lugo e aquí hai que sachar)

Moctar Sidi El Hacen celebra un gol.

Colaboración de: Jesús Blanco (@gsusolugo)

Ese gol no minuto 76 contra o Fuenlabrada foi o causante de todo o que veu despóis, o xogador sacudiuse a presión e comezou a mostrarse máis soltono campo. A cada partido que pasaba, o xogador amosaba todo o repertorio táctico e técnico que ten. El Hacen pasa a convertirse nun todocampista e nun referente para a afección: lembremos, foi o noso agasallo de San Valentín.

Pero… Que fai de este xogador que sexa tan importante para o Lugo? Se me preguntades a min, o que máis destaco das suas cualidades é a da lectura de espacios na área cando chega de segunda liña, foi clave o ano pasado e unha carencia do equipo no que vai de temporada. Por iso creo que a fichaxe de El Hacen ou un xogador das suas características era primordial para que os acompañantes melloren as suas prestacións. Por se alguén ten dúbidas de a que me refiro, observemos catro dos cinco goles que anota.

Fuenlabrada – CD Lugo.
Racing de Santander – CD Lugo.
CD Tenerife – CD Lugo.

Pero o gol que máis amosa a cualidade da que falo é o que marca en Santo Domingo contra o Alcorcón. Nesa xogada, El Hacen identifica o espacio correcto en dúas ocasión en todo en cuestión de segundos. Como podemos observar na primeira imaxe, identifica a distancia entre centráis e decide incorporarse polo carril central.

AD Alcorcón – CD Lugo.

Despóis do balón colgado de Peybernes, o xogador africano considera que é moito máis perigoso quedando un pasiño por detrás da liña do balón e non acudir a área pequena. Eso é o que máis chama a atención de un centrocampista coma él.

AD Alcorcón – CD Lugo outra vez.

Obviamente, non debemos esperar que este ano vexa porta con suma facilidade porque non é o seu cometido primordial pero que a súa capacidade para leer os espacios vai a axudar moito a o equipo de Juanfran é indudable; cecáis este ano non chegue ni naos 5 goles pero miremos máis aló, miremos o que vai xenerar ao seu carón.

Para rematar, tamén me gustaría resaltar a capacidade de aprendizaxe que ten o xogador a medida que pasan os partidos, foi capaz de rendir ben coa idea de Curro Torres, adaptouse aperfección a idea de Juanfran e cada día que pasaba era máis líder no céspede. No seu debe, o xogador ten que comezar a medir certas accións nos balóns divididos que en ocasión poden condicionarlle o partido.

Foto principal vía La Liga.

Comparte:

Deja un comentario