Actualidad

CD Lugo: Todo (casi) mal

por Colaboración 23 julio, 2020
Tiempo de lectura: 4 minutos

Cinco anos pasaron dende que a directiva actual, presidida por Tino Saqués, tomase as rendas do noso CD Lugo sustituíndo a José Bouso, con quen logrouse o que dende o verán de 2012 estamos a desfrutar nas bancadas do Anxo Carro: da Segunda División española, é dicir, do fútbol profesional.

Acertos e erros no camiño (cadaquén que os valore na súa medida), rematou a tempada 19/20, a máis inusual que lembro na miña vida polas circunstancias sanitarias co resultado que xa sabemos para a nosa ledicia, pero non vou a seguir este artigo estrictamente por ese camiño.

Nesta ocasión, vendo como se titula o artigo, imos facer primeiro un repaso do que presenciamos e do que pode vir no futuro.

O que levamos ata a data

  1. Un proxecto presentado que gañou una adxudicación de accións para converterse no propietario dun clube, do cal están por executarse as principais infraestruturas que doten de patrimonio á sociedad, entre elas a cidade deportiva.
  2. A creación do filial que, sendo una idea necesaria, todavía está por ver os froitos que reporte ao primeiro plantel (estamos a ver de vez en cando intervencións de algún xogadores, como Álex Rey ou Chiki)
  3. Numerosos cambios de directores deportivos, denotando falta de confianza, falta de proxecto a longo prazo para dotar ao clube dun plan para crear valor, etc.
  4. De igual forma, troco de adestrador prácticamente cada tempada (ou máis dun troco, como neste ano con 3 distintos inquilinos do banquiño, a saber: Eloy Jiménez, Curro Torres e Juanfran García)
  5. O tema da grada, que aí segue dende que se instalou, cunha redución da capacidade por normativa, pero que deberiase facer a construcción final da cal estaba en negociacións coa entidade propietaria do recinto, pero nada sábese na actualidade.
  6. No plano puramente deportivo, una tendencia negativa na clasificación final comenzando con dous anos bos (Milla, Durán, Luis César e Francisco) pero a partires da chegada de Javi López (sigo sin saber por que veu ese adestrador con tanto tempo fora da rutina do céspede) a caída estábase a presenciar, rozando na 18/19 o descenso na casa ante o Tenerife e este ano xogando nunha semana contra os canarios e o Mirandés (aínda lembro aquel partido de 2014 no que por un gol libramos do descenso e os burgaleses caeron á B).
  7. Tamén no plano deportivo, en parte pola idiosincrasia do clube ata agora, dificultade para reter xogadores con algo de valor de mercado, seguir sendo incapaces de acordar cesións de xogadores doutros clubes galegos, e contratacións de xogadores que realmente aportan pouco ou nada para mellorar o nivel.
Jugadores del CD Lugo mantean a Juanfran
Todo o CD Lugo mantea a Juanfran. | Foto: El Progreso.

Podería seguir enumerando razóns para pensar que, como di o título, no Lugo fíxose TODO MAL, ou CASE, porque é certo que hai ideas ben plantexadas e levadas a cabo (filial, tenda propia, etc.) pero no que realmente importa de cara ao futuro, queda moito por facer (e xa veremos o que acontece).

O que pode vir no futuro

Dise con frecuencia que cando se xoga con lume, finalmente un acabase queimando. No caso do noso Lugo, levamos moito tempo percorrendo esa ruta cara o abismo da Segunda B, categoría á que ninguén quere voltar pola dificultade que ten de por si xogar nesa liga e o engadido de ter que pelexar por un ascenso que cada ano é moito máis difícil pola igualdade dos equipos.

Escoitando comentarios nesa noite inesquecible onde logramos a permanencia un ano máis, a sensación que me queda é ao meu favor, de que continuamos traballando con medios impropios da categoría que disputamos, existe inestabilidade institucional e deportiva continuas que non axudan á hora de darlle vida a un proxecto de clube serio a longo prazo

Recoñezo que eu fun un dos negativos que vían que isto non tiña solución, pero cando revisas as cousas coa perspectiva do tempo, decátome (e non son o único) de que o patrón de comportamento parece ser sempre o mesmo: intentar salvarse ano a ano, pensar a curto prazo e “para o ano que vén xa se verá”. Penso que esa actitude pode valer un, dous anos, pero é un pouco como di o refrán: “cóllese antes a un mentireiro que a un coxo”.

Escoitei tamén a máis dun dicir que baixar de categoría alomenos traería de volta ao estadio o BAR de verdade e non o VAR, que voltaríamos a campos galegos como Pasarón ou O Vao, e demais historias. Sinceramente penso que Lugo merecía e debía permanecer na chamada Liga Smartbank (ou como lle poña o patrocinador de turno), con todo o que supón para o clube e para a cidade.

Nós, como siareiros, non podemos abandonar nin agora nin nunca. Tratar de aumentar a masa social que se achegaba a ver cada partido, pero tamén estamos na obriga de esixir que a directiva de os pasos que enriquezan o patrimonio do clube no futuro, para pensar en crecer ou, se cadra, facernos un Eibar.

Ese é o modelo no que, revisando posibles diferenzas, eu trataría de reflexar aquí en Lugo: un equipo de segunda B que ascendeu no seu día á segunda, permaneceu moitos anos na categoría e pegou o salto con tempo, traballo e unha dose de sorte.

Por Andrés Rodríguez

Foto principal: CD Lugo.

Comparte:

Deja un comentario