Por Noelia MV
É evidente que non estamos a pasar polo mellor momento, o peor dos últimos anos sen dúbida, pero como afección somos os primeiros que non podemos afundirnos. Aínda queda moita liga por diante e a volta é longa e pode pasar de todo. Creo que chega un momento no que a todos e todas nos dan ganas de non seguir, de irnos en medio do partido porque o Almería nos está gañando por catro goles… pero e se por un segundo nos poñemos a pensar en que tal vez esa derrota fose necesaria para que o novo proxecto empezase a funcionar ben? Non demos aínda todo por perdido. Nós, os que íamos ao Anxo Carro cando xogábamos con equipos descoñecidos de segunda B, chovese ou xease e alí estábamos sempre, non podemos rendernos agora, aínda estamos moi vivos e non podemos deixar de apoiar a o noso equipo ata o último momento. Rendernos non é una opción. Nunca o será.
Só nós podemos salvar a o noso equipo“
Quero lembrar que cando ascendimos a segunda ninguén pensaba que duraríamos máis alá de esa tempada e aquí estamos, no ano 2020, case oito anos despois, e seguimos loitando, sendo un dos equipos máis humildes de toda a categoría, pero un dos que máis ilusión ten tamén e, por que non dicilo, una das mellores afeccións porque seremos poucos, pero moi leais. Un equipo sen a afección non é nada e agora é cando máis o temos que demostrar, indo aos partidos e animando até quedarnos sen voz. Se toda a cidade foi capaz de xuntarse para celebrar o ascenso, por que non somos capaces de xuntarnos agora que nos estamos xogando permanecer nesta categoría que tantas alegrías nos deu? Nunca esquecerei a emoción daquel ascenso, aínda que eu aínda era pequena, sempre lembrarei o que estaba a facer nese preciso instante que conseguimos o que parecía imposible e creo que coma mín calquera de nós nunca vai a esquecer o que estaba a facer nese preciso momento. E se empezamos a non ser tan negativos e a pensar en que esta vez tamén conseguiremos o obxectivo?
Por outra parte, baixo a niña humilde opinión, penso que o club debería de incentivar moito máis a asistencia ao estadio. Creo que sería una boa iniciativa comezar a anunciar por toda a cidade, medios de comunicación… a situación do equipo e chamar a atención da xente cunha mensaxe clara: non o podemos conseguir sen ti. Pero como nós non podemos facer nada nese aspecto, sería una boa opción intentar convencer a tódolos nosos coñecidos, parentes, amigos, etc. a que baixasen ao campo os días de partido.
Nunca esquecerei a emoción daquel ascenso, aínda que eu aínda era pequena, sempre lembrarei o que estaba a facer nese preciso instante”.
Só nós podemos salvar a o noso equipo e non nos renderemos. Resistiremos, claro que podemos facelo, e conseguerémolo.
Foto principal: El Progreso.