ActualidadArtículos

Aínda queda esperanza

por Colaboración 14 febrero, 2020

Por Noelia Meilán

Seguimos estancados. Non é a mellor das situacións, nin moito menos a que nos esperabamos. O sentimento xeral de que o partido contra o Elche ía ser o empurrón que necesitabamos para continuar co camiño da salvación, esfumouse no minuto 88 de partido. Aínda costa crer como una vitoria que parecía que xa rozábamos ca punta dos dedos escapou a dous minutos de remataro tempo de partido. O primeiro gol no minuto 84 de partido xa foi un golpe de realidade, pero a cuestión é que seguíamos gañando, e mirando o reloxo para que o tempo pasase rápido e así conseguir esa ansiada vitoria que tanta falla nos facía, pero neses intres que pasábamos contando o segundos, chegou o segundo gol do Elche para romper todas as nosas ilusións en mil pedazos.

Non me quero esquecer tamén de comentar o gol anulado de Herrera, poderíamos debater horas e horas sobre a decisión foi acertada e non, sobre se o VAR nos volveu a prexudicar ou non, sobre se existirá algún tipo de conspiración contra nós…pero o caso é que na situación na que nos atopamos non podemos perder o tempo queixándonos, o único que podemos facer é esquecer e seguir traballando. O parte positiva do partido do pasado domingo é que o equipo, na miña humilde opinión, deu moi boa imaxe e aguantou moi ben ata os fatídicos últimos minutos e sumamos un punto que, tal vez, nos veña ben máis adiante.

O único que podemos facer é esquecer e seguir traballando.

Despois da decepción, o enfado e a rabia, queda a esperanza. O domingo á noite dábamos todo por perdido, pero o luns pola mañá, tal vez por influencia da pesada rutina, xa comezamos a volver a crer, e realidade é que aínda segue a quedar moita liga e non estamos sentenciados nin moito menos, pero o que está claro que a partir de agora todos os partidos son unha final e así o ten que tomar o equipo. Creo que é fundamental que o club tome medidas para que a afección vaia ao campo coma o outro día, pois é evidente que foi un cambio brutal pasar do ambiente silencioso do partido contra o Albacete ao ambiente que houbo no partido contra o Elche, no que o raro era que a afección deixase de animar nalgún intre. Iso é o que necesita o equipo neste momento, o respaldo da súa afección, que todos e cada un dos xogadores se sintan importantes e respaldados, é o único que podemos facer nós, pero tamén o club nos ten que facilitar as cousas e esperemos que así sexa. Volvo repetir que só nós podemos salvar a o noso equipo e non nos renderemos. Resistiremos, claro que podemos facelo, e conseguerémolo. Aínda queda esperanza.

Comparte:

Deja un comentario