Artículos

Gimme the Power

por Denís Iglesias 8 noviembre, 2019

Quixera comezar esta proclama confesándovos cal é un dos meus grupos favorito: Molotov. Esta banda mexicana tocou en 1998 no San Froilán cando eu nin sequera tiña coñecemento dela. Se che falo dun tema como Puto de seguro has lembrar de quen che falo. Peza que se fixo famosa en España por motivos evidentes, malia que eles se esmeraron en explicar que usaban o termo ‘Puto’ para todo: para chamarlle a un parvo, listo ou medio entendido. Coma nós cos árbitros e rivais da talla intelectual de Antoñito. Se lembras a canción pode que teñas xa os teus anos, pero gustaríame dicirche que Molotov non morreu. Ameazaron con desaparecer cunha xenial campaña de mercadotecnia que rematou nun disco chamado Hasta la basura se separa. Alén das súas acedas melodías, hai que destacar deles que teñen dous baixos. Iso é un argumento de peso para apoialos en todas súas incursións musicais. Ninguén mellor para marcar o ritmo.

Cando escoitei a pasada fin de semana que o CD Lugo ía ser vendido a un grupo mexicano, pensei neles. Encantaríame ver a Tito, Miky, El Randy e Paco (na foto principal= no palco do Anxo Carro. E de súpeto pensei que un dos seus himnos ben podía ser o noso, o dos que estamos na bancada papando frío mentres no recuncho dos presidentes se trafica cos rumores. Porque non me negaredes que lanzar un globo sonda de 10 millóns de euros por esta SAD non é unha aposta ben atrevida, sabendo que só puxeches 1,5 millóns para facerte coa maioría do paquete accionarial. Pero foi o propio Saqués o que berrou o Gimme the power na sé da Deputación atopándose un sonoro “si bwana” como resposta. 

La policía te está extorsionando (dinero!)
Pero ellos viven de lo que tú estás pagando
Y si te tratan como a un delincuente (ladrón!)
No es tu culpa, dale gracias al regente
Hay que arrancar el problema de raíz
Y cambiar al gobierno de nuestro país
A la gente que esta en la burocracia
A esa gente que le gustan las migajas
Yo por eso me quejo y me quejo
Porque aquí es donde vivo y yo ya no soy un pendejo
El que no wachas, los puestos del gobierno
Hay personas que se están enriqueciendo
Gente que vive en la pobreza
Nadie hace nada porque a nadie le interesa
Es la gente de arriba te detesta
Hay más gente que quiere que caigan sus cabezas
Si le das mas poder al poder
Mas duro te van a venir a coger
Porque fuimos potencia mundial
Somos pobres, nos manejan mal

Letra de Gimme the power

Andamos en tempos nos que o Gimme the power é palabra de orde. Xente de moitas cores, con ansias por vivir do público, vai petando polas portas e nas TV dicíndolle á xente que lle dea poder. Non lles preguntan que quere ou que desexa o seu futuro. “Ti damo, que eu xa mirarei por ti”, resumen. Básicamente o mesmo que fan os dirixentes do fútbol actual, que teñen un bastón de mando co que poden asoballar ó resto, porque así o permite unha lexislación obsoleta que permite que unha soa persoa concentre máis do 50% das accións dunha SAD. Estes logo redistribúeno, segundo lles parece, coa dirección deportiva, que, a súa vez, exerce de intermediario para ceder parte da potestade ó adestrador. Algúns toman moi en serio ser a correa de transmisión desta administración vertical que remata, como no caso de Córdoba, cun presidente acusado de administración desleal, apropiación indebida e branqueo de capitais (co que Saqués fixo máis dun negocio).

Eloy Jiménez adoptou un mantra nas roldas de prensa que a calquer afeccionado lugués lle resulta redundante. “Todo el mundo tiene que concienciarse de que vamos a sufrir”

Sirva coma exemplo Eloy Jiménez, salvador do equipo a pasada temporada e sucesor de si mesmo na presente. Un adestrador novato en Segunda División que está a asumir as dificultades propias de dirixir a un equipo coma o CD Lugo. Malia ter ben minutos coma xogador no fútbol profesional, nos bancos aínda lle quedan papas por comer. Se o ano pasado fixo ver a luz ó final do túnel, esta campaña ten fixación por iluminar ó resto. Adoptou un mantra nas roldas de prensa que a calquer afeccionado lugués lle resulta redundante. “Todo el mundo tiene que concienciarse de que vamos a sufrir”, ten dito en máis dunha ocasión. Pensa que os xa menos de 3.000 que aparecemos nas bancadas temos delirios de grandeza

Gañar todos os adestramentos

“Porque no nacimos donde no hay qué comer, no hay por qué preguntarnos cómo le vamos hacer”, dirialle eu ó de Hellín, parafraseando o tema de Molotov, a ver se é quen de entender que sabemos como e á sangue que corre polas nosas veas: humilde, de bronce pero con gañas de medrar. Aleccionar á afección é unha fórmula que nunca resulta exitosa. E menos reprendela por non baixar ós adestramentos, sabendo que maior parte forma parte da clase traballadora. Xustificar unha derrota nos adestramentos é vivir nunha sociedade paralela. O que estuda e logo suspende o exame pode recibir un agarimo na casa, algo que sempre fixo o afeccionado lugués, crítico até un límite, pero nunca pode servir de argumento para lavarse unha ferida. 

Quen si soubo conquistar o poder e exercelo con xustiza é Ander Cantero, meta que reconquistou un espazo que a inicio de tempada lle corespondía a Varo. Pouco máis de 24 anos de veteranía para un xogador que o ano pasado soubo perder a categoría co Rayo Majadahonda. Non vale calquera para sufrir. Tes que ter as veas tan gordas como as deste navarro. Un dos poucos que celebra cada parada e cada vitoria do fondo que lle serve de escolta.

E faino dende unha posición sempre complicada que só poden exercer persoas co carácter de Pablo Abuín, un seguidor albivermello que ós seus 35 anos segue a defender con éxito a meta do Jerez Industrial, líder do seu grupo de Primeira Andaluza. Fillo dun porteiro, demostra na entrevista que lle fixo outro Pablo, neste caso Durán, en El Progreso, que o contorno segue a ser importante para os futbolistas. Algo do que falaba Cruyff con certeza.

Ser do Lugo nestes tempos é un auténtico exercicio de resistencia. Incluso os que non negocian baixar por mor do tempo ou dos asteriscos da análise senten certo esgotamento

No lombo de Cantero e dos que o acompañen subímonos os que aínda seguimos confiando nun equipo ó que hai tempo que lle mataron a ilusión. Ser do Lugo nestes tempos é un auténtico exercicio de resistencia. Incluso os que non negocian baixar por mor do tempo ou dos asteriscos da análise senten certo esgotamento. A absoluta despersonalización do equipo, os horarios australianos e un campo que segue á espera dunha urbanización contribúen a ignorar un mérito enorme como que é que este equipo siga no fútbol profesional.

Terá que vir alguén de Chiapas para que os case 100.000 habitantes desta cidade entendan o beneficio social i económico que supón ver ó Lugo en Segunda. Pero é ben mellor ir ás Termas. ver o Real Madrid ou o Barça no bar e seguir votando ós de sempre, as marcas brancas que usan esta cidade como unha moeda para colocar ós acólitos. Porque como ben dicían os Molotov no tema que sirve de leitmotiv desta peza, “si le das mas poder al poder, más duro te van a venir a coger”.

Comparte:

1 Comment

Molotov 8 noviembre, 2019 at 18:57

Coger significa joder, Constantino. Grasias.

Reply

Deja un comentario