LUGOSLAVIA
  • Artículos
  • Actualidad
  • Estación 1953

LUGOSLAVIA

  • Artículos
  • Actualidad
  • Estación 1953
Undecálogo

Está que te cajas

por Borja García Varela 1 abril, 2019
Tiempo de lectura: 4 minutos

A pesar de sumar un punto -de casualidade, fixemos méritos para coller o bus de volta coas mans valeiras- o partido foi unha auténtica basura infumable. Así que non penso complicarme e, có fin de facer un undecálogo que aburra algo menos co partido, vou falar dos Heredeiros da Crus e da música galega.

1 · Antes de nada, por que motivo elexín este tema para facer unha disertación? Básicamente porque decidín ambientar este pedazo de escritura con algo de música e o amigo Spotify, que me coñece ben, suxeriu o Jard rock con fe que aínda soou o pasado sábado mentres preparaba a lista da compra.

2 · Unha das primeiras lembranzas que teño dos de Ribeira remóntase á casa dos meus pais, cando a nosa habitación (de meu irmán e máis miña) era aínda a orixinal, non a de despois. Trouxérannos os Reis un loro Sony no que ademáis de soar cedés de hits de dance da época, petaban moitos recompilatorios de Iron Maiden (o máis glorioso deles fora un que titularamos Kaste máis eu “The book of life”) de varios de rap, o La paja en la farola de Juanpa y la raja que lle-lo regalaramos a Elvis polo cumple, que logo gravara eu e que aínda debe de andar polo coche; outro megamix que fixera Ferreiro con Blink 182, Offspring, Queen, Blondie, o Unforgiven de Metallica e tamén o Nothing else matters e máis hits dos que non me lembro.

3 · Ah, tamén de Ferreiro tiña o Pure frosting (orixinal) de The presidents o cal contiña unha versión moi chula do Video killed the radio star.

4 · Non me digades como, pero ese mesmo disco está agora na miña casa e soa de cando en vez na vella cadea musical que teño. Cousas da vida.

5 · Bueno, o caso é que unha das primeiras lembranzas que teño dos de Ribeira remóntase a ese loro Sony de cor medio violeta que petaba a Cristo -e que agora aproveita meu pai na finca, por certo-. Meu primo Alberto aparecera na casa coa Cuadrilla de Pepa a loba orixinal na casa e deixáramo para gravalo. Por suposto non o gravei e no seu lugar púxeno milleiros e milleiros de veces. O quero josar era un auténtico himno que, aínda que eu non tiña tanto mundo como agora, comprendía sobradamente todo o que os Heredeiros cantaban.

A Cuadrilla de Pepa a Loba.

6 · A cuadrilla de Pepa a loba molaba porque era un álbum completamente rudimentario a tódolos niveis, no que tiñas que facer virguerías para comprender o que dicían (e xa non só polo marcado acento que os caracterizaban e as expresións que empregaban), senón pola calidade en sí do disco. Voces moi baixas e instrumentos moi altos impedían comprender ben as súas letras.

7 · Facíanme graza porque tocaban rock en galego, que molaba moitísimo; polo acento que tiñan, lóxicamente, polo descaro có que cantaban, porque empregaban palabras e expresión políticamente incorrectas e, como sabedes iso para un adolescente é mel. E molaban tamén porque medraran comigo e co bocata de chourizo mentras vía o Xabarín.

Afíliate!

8 · Primeiro o mundo de Beakman e logo Songoku. Dios, aquelo era a hostia! Pedazo de infancia máis boa, máis auténtica e máis enxebre tivemos grazas ao Xabarín club. Pénsalo agora, dende fora e con perspectiva, e é unha verdadeira pasada. Medramos escoitando a Siniestro Total, os Diplomáticos de Monte Alto, Aerolíneas Federales, Miguel Costas, o Maestro Reverendo, Manquiña, Killer Barbies, Heredeiros da Crus…

9 · A bagaxe cultural que nos proporcionou o Xabarín no eido musical foi unha auténtica barbaridade. Cal era a música comercial daquelas? En Galicia non o sabíamos, é non nos facía falta!

10 · Meus pais, ademáis, sempre escoitaron música galega e, dende pequeniño, canto o hits da Roda, Fuxan os Ventos, Ana Kiro, a Quenlla, Petapouco… Petapouco molaba moito, eran os máis animados e tíñanme moito chiste as súas letras. Meu pai poñía o cassette deles nas ceas cós seus amigotes, cando eles tamén xa estaban algo animados despois de cear e todo o mundo a cantar, bailar, rascar a botella de anís ou dar palmadas ao son. Gratos recordos.

11 · Nembargantes, dese grupo, foi a Roda o grupo que máis escoitei, a quenes puiden vir en directo nas festas de Rábade hai sabe Dios cantísimo tempo. Lembro con agarimo a Fito e a súa barba… Vaia historias!

Así que nada. Partidos aburridos traen, ás veces, undecálogos alternativos.

Fanes, haters e todo aquel que escoita música galega en calquer tipo de estilo, saúdasevos.

Foto principal: Jard Rock con Fe, dos Heredeiros.

PD: Non perdades a crónica das rapazas do PM Friol CD Lugo que fixo Javi.

Está que te cajas was last modified: abril 4th, 2019 by Borja García Varela
Comparte:

Deja un comentario Cancelar

Actualidad LGV

  • La renovación de Rubén Albés debería de ser inminente como su fichaje, que se ve en la foto al entrenador albivermello junto a Tino Saqués portando a medias una camiseta del CD Lugo con el nombre Rubén Albés en la espalda

    Misión: La renovación de Rubén Albés

    11 mayo, 2022
  • corredor polvorín terceira

    Así xogan Castrín, Fidalgo, Idrissa e Leandro, os xogadores do Polvorín no corredor cara o primeiro equipo

    4 mayo, 2022
  • Pablo Clavería - CD Lugo

    El CD Lugo dimite antes de cerrar la permanencia

    2 mayo, 2022
  • Los jugadores del CD Lugo B / Polvorín celebran el ascenso.

    El CD Lugo B / Polvorín confirma su talento con el ascenso a Segunda RFEF y reclama su espacio

    25 abril, 2022
  • xogar para gañar

    Xogar para gañar?

    10 marzo, 2022

twitch

estati.co
Red Blanquiazul
Lugoslavia
  • Artículos
  • Actualidad
  • Estación 1953
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidad
  • Política de Cookies
© Lugoslavia - La actualidad del CD Lugo desde un punto de vista diferente
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias mediante el análisis de tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Aceptar Leer más
Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR