Chega o 31 de decembro e a vida obríganos a botar unha ollada atrás, facer un repaso mental de todo o acontecido ao longo dos últimos doce meses e sacar conclusións. ¡Benditas conclusións! Tamén é un bo momento para lembrar o resumo que fixemos o ano pasado e ver que optimistas éramos todos e que hostias nos levamos. Son cousas que pasan. Imos co resumo do 2018.
O Club Deportivo Lugo empezou o anona parte alta da táboa, pero na segunda metade da tempada desinflouse e acabou, máis ou menos, onde sempre: en terra de ninguén. Non é pouca cousa, pero tiñamos a ilusión de poder aguantar na loita polos playoff ata o final. Non puido ser. En verán marcharon Víctor Moreno e Francisco e o Lugo tivo que recompoñer o seu proxecto coa chegada de Emilio Viqueira e Javi López, pero cunha plantilla na que continuaban varios dos pesos pesados dos últimos anos.
Por primeira vez dende o ascenso, o Lugo empezou mal. Malos resultados e malas sensacións. A situación desembocou no despido de Javi López e na chegada de Alberto Monteagudo, que paseniño foi capaz de darlle unha identidade recoñecible ao equipo. O conxunto albivermello mellorou lixeiramente e pecha o ano con catro puntos sobre os postos de descenso e co clara obxectivo de acadar a permanencia para garantir a súa continuidade na categoría de prata. Se queredes ler un resumo máis extenso, podédelo facer no artigo que escribiu Denís para os compañeiros de Fondo Segunda.
Agora si, deixámosvos co resumo individual de cada un dos membros de Lugoslavia:
→ JAVI FOLGUEIRA
Partido del año: el del Sporting. Por juego, por ambiente, por emoción y por la guinda del gol de Juan Carlos.
Jugador del año: Juan Carlos. El más regular, manteniendo siempre un gran nivel.
Nota al equipo: un 4. La segunda vuelta de la temporada pasada fue tremendamente floja y esta ha empezado aún peor, así que no llegan al aprobado por primera vez en mucho tiempo.
Expectativa: pues teniendo en cuenta que el año pasado salió exactamente lo contrario a lo que dije, tal vez debería decir descenso, a ver si así se cumple el “contragafe”, pero voy a decir que me conformo con quedar este año por encima del 19 y empezar bien la próxima temporada.
→ BORJA GARCÍA
Partido del año: Si tengo que pensar un partido de este año, el que se me viene a la mente es, al igual que Javi, el del Sporting. Ambientazo, un sábado por la tarde, el día de mi cumple, el gol de Juan Carlos, poder callar a toda la afición rival con ese gol… increíble.
Jugador del año: Más allá de los Pitas y Seoanes (grupo en el que se incluye a Iriome) todo el mundo sabe mi predilección por Kravets, sin contar lo injusto que es olvidarse de Juan Carlos. Su exotismo, unido a su oficio, ese toque de balón, su trabajo y ese gesto al final del mercado de verano le dan mi namber 1.
Nota: un 5. Raspado. Castiga la segunda vuelta floja de la campaña pasada y el terrible inicio de esta.
Expectativa: Soy un hombre positivo por excelencia, así que lo que queda esta campaña ir, poco a poco, a mejor. Aumentar solidez, marcar más goles y ganar partidos fuera de casa. Garra.
→ RUBÉN FERNÁNDEZ
Partido: Por cambiar un poco con respecto a mis compañeros, voy a destacar el partido de Copa del Rey frente al Levante en casa. Ese encuentro al que el Lugo llegaba inmerso en el caos tras el despido de Javi López y en el que los que estábamos en la grada nos echamos las manos a la cabeza al ver un primer tiempo estelar de los rojiblancos.
Jugador: El gol de Juan Carlos quedará en la memoria colectiva y su rendimiento bajo los palos lo convierten en el jugador más destacado del año, a pesar de eso me quedo con el tremendo cambio de un jugador como Josete, de villano a héroe en menos de un año.
Nota: Un final de temporada pasada flojo y un inicio deprimente de la actual. Un 6 al equipo y un 2 a la planificación.
Expectativas: Monteagudo le ha cambiado la imagen al equipo y después de ver como están los de abajo auguro una salvación menos taquicárdica de lo esperado.
→ DANI BANIELA
Partido: Frente al Levante en Copa. Veníamos arrastrando una imagen tan penosa con Javi López que aquel primer partido con Monteagudo en el banquillo nos hizo creer que eramos el Manchester City. Apuntó muchas de las mejoras que se vieron después.
Jugador: Josete. Pocas veces he visto un cambio tan positivo en un jugador. De cuarto central a insustituible en pocos meses. Que dure.
Nota: Un 5. La mejoría experimentada tras la llegada de Monteagudo sube lo que sería un suspenso sin paliativos por el flojo final de la anterior campaña y el comienzo calamitoso de la actual.
Expectativas: Mantenerse. Tal y como arrancamos, no se puede pedir más. Y sobre todo, que se enderece la nefasta dirección deportiva, plagada de decisiones incomprensibles.
→ DENÍS IGLESIAS
Partido: fronte ó Zaragoza, co gran gol de Pita dende o centro do campo. Un tanto como o de Nayim que non serviu para gañar nada máis que confianza. Un encontro no que nos decatamos, por enésima vez, que os vellos valores cotizan á alza. E gañar nun feudo así lembra a razón do noso camiño pola Segunda: poñer no mapa a Lugo e ser quen de enfrontar a calquera cidade por grande que sexa.
Jugador: A dobre J. Na meta, Juan Carlos. Cada semana gaña algún punto dun xeito máis meritorio que o anterior. O sostén dos malos momentos. A bofetada na boca dos que dubidaron del cando veu. Os gardamallas, nun equipo coma o Lugo, son chave. E logo, Josete, o estajanovista deste equipo. Prudente,traballador e consciente dos seus límites. As Josetadas xa son unha forma de vida.
Nota: Un 6 por seguir vivos nesta circunstancias. Na do continuo ir e vir dun barco que vive na continua marexada. O final de curso foi triste… A melancolía dunha oportunidade desaproveitada. O verán non renovou ilusións. O comezo menos. Agora, o tratamento parece que fai efecto.
Expectativas: A ideoloxía da salvación co comandante Monteagudo. E cos de sempre, coma sempre. Cos veteráns e cos que están dando a cara agora. Javi López (lembremos quen o puxo aí) deixou un encefalograma plano que parece revivir. Toca morrer matando, a ser posible, non facéndonos dano entre nós.
→ RAMÓN RIVAS
Partido: Resulta complicado quedarse cun encontro destacado neste 2018 tan pobre por parte do Lugo. Seguramente o día da visita do Sporting, cunha nutrida representación da afición visitante, foi cando o equipo se mostrou máis competitivo e ambicioso. Por día, horario, ambiente… foi unha noite máxica. O inolvidable gol de Juan Carlos, a guinda do pastel.
Xogador: Juan Carlos, sen dúbida. Con tan só unha tempada a beiras do Miño convertiuse nun indispensable no vestiario local do Anxo Carro. A nivel deportivo, o único capaz de manter a regularidade a un alto nivel ao longo do ano.
Nota: Un 5. A segunda volta nefasta do curso pasado tirou pola borda con calquera expectativa ilusionante que puidésemos ter, e o inicio desta campaña aínda foi máis preocupante. A melloría experimentada baixo a batuta de Monteagudo sérvelle ao equipo para obter o aprobado raspado.
Expectativa: En modo optimista, a de mirar cara riba. Sabendo que o Lugo ten mellor plantel que a maioría dos seus competidores por evitar a queima, véxolle capacidade de engancharse ao top10. Sendo realista, creo que a irregularidade lle vai pasar factura e acabará tentando selar a salvación o antes posible para deixarse ir nos últimos encontros, como vén sendo habitual. O descenso non entra dentro dos meus plans.
→ AARÓN CABADO
Partido do ano: Non son moi orixinal: o do Sporting. A partires de aí todo se foi a pique, pero este triunfo, por como foi e polo que significaba, permitiunos soñar de verdade con ver ao Lugo loitando polo ascenso.
Xogador do ano: Seoane. Sei que non foi o mellor da tempada, nin o máis determinante, pero quero reivindicar a súa figura porque con 35 anos demostrou que sigue sendo un xogador fundamental para os albivermellos, con 39 titularidades nos 41 partidos de liga xogados polo Lugo en todo 2018.
Nota al equipo: un 5. O Lugo desinflouse na segunda volta con Francisco e fixo un inicio de tempada execrable, non tanto polos resultados como polas sensacións. Porén, a chegada de Monteagudo serviu para reconducir o rumbo e darlle máis forma ao proxecto. Sen alardes, pero a día de hoxe vemos o futuro con certa esperanza, cousa que non podíamos dicir en outubro.
Expectativa: Aposto por un 12º posto. A melloría albivermella é evidente, e aínda que o descenso está a so catro puntos, hai equipos capacitado para acadar a salvación sen sufrir ata o final.
Imaxe de portada: @OBichero