LUGOSLAVIA
  • Artículos
  • Actualidad
  • Estación 1953

LUGOSLAVIA

  • Artículos
  • Actualidad
  • Estación 1953
ActualidadUndecálogo

David Gordecho, sempre en pe

por Borja García Varela 10 agosto, 2018
Tiempo de lectura: 5 minutos

Xa teño falado de David el Gordo (tamén coñecido como Gordecho) noutros undecálogos. Coñecímonos no instituto, era un tio con certo volume corporal (de aí seu AKA) e tiña carisma do bo. Os profes tratábano coma un máis, pois levaba xa varios anos no centro con eles, dicir dicía que algún lle tiña manía, pero o que lle tiñan era agarimo, agás a de economía. Era capaz do mellor e do peor, dende poñer á volta do recreo Galiza ceibe, Lucus Augusti ceibe na pizarra, até atopar, nas mesmas circunstancias un Sandra y Borja tan grande coma lle daba o xiz; erguerse para marchar coa mesa en alto a grito pelado ou falar da xornada futbolística cós mestres cada luns. O vacile era o seu. Iso sí, amagar non amagaba nada. Nunca o fixo. Medias tintas, poucas, iso foi o que sempre admirei del.

Antonte volveu demostrar a todo o mundo que, pasan o anos, e Gordecho segue ao seu, coa súa razón. A foto principal deste undecálogo post vacacional así o demostra. Cando comezou a chover e todo o mundo escapou a refuxio, él non, que para iso trouxo un paraugas. Puto amo. Veña, que aínda queda moito por contar.

1 · Regresamos ao Anxo Carro! O certo é que xa había ganiñas de voltar logo de renovar o abono un ano máis (e pagar a correspondente entrada). Abonos, por certo, que subiron de prezo esta tempada logo dun par delas conxeladas. Non vou preguntar aos fanes se están dacordo ou non, porque ben sei que ninguén quere pagar máis por algo (eu tampouco quero).

2 · O certo é que pensó que o responsable de subir as cotas trabucouse en facelo este ano. Eu podo chegar a entender, como persoa razoable que son, que debería de aumentar o prezo nalgún mometo, bueno; pero dende logo este ano non o faría por unha razón moi sinxela, o Breo está na ACB, Lugo sempre tendeu máis ao basket e no Pazo estase sustancialmente máis quentiño en inverno que no Anxo Carro, polo que pouco máis hai que explicar. Pero bueno, as cousas son como veñen e non hai máis que rabear.

3 · A Peña Lugoslavia medra, queridos! Este ano estamos a facer campaña de socios cunha cota de 20 euros (nós mantemos os prezos, non coma Constantin) que inclúe unha bufanda to guapa e un carné de aboado máis to guapo. Ademáis diso, contamos con todas as bondades que ten a nosa peña por formar parte da Federación de Peñas do CD Lugo. Se hai algún lector interesado, que contacte connosco mediante calquera dos canais dispoñibles e informarémolo con moito gusto.

A Santa Compaña estivo có Gordo nalgúns intres do encontro. | Foto: Eu.

4 · Que máis contar logo? Falemos das fichaxes e do que agardamos deste Lugo. Recoñezo que a saída de Víctor Moreno trastocoume un pouco, tiña fe nese rapaz. Logo veu Emilio Viqueira e bueeeeeeeeeno. Sí, é da terra, coñece sobradamente a categoría e todo o que queirades, pero non remata de inspirarme confianza e non sei explicar o motivo. Non é coma De Dios AKA El Chaquetas, que ese non me gustaba. Este bah. Desagrádame todo o rollo que se traía/trae con Promosport, pero por outro lado parce que as fichaxes son feitas con certo xeito (sen Polacos, sen Pereras, Engenes e demáis)… Non o sei, irémolo vendo.

5 · Javi López atópase nas mesmas condicións ca Viqueira, coa diferenza de que é unha incógnita de tío, que estivo no Celta B, que descendeu a varios equipos, que mantivo a outros, que xogou moito con equipos coa tempada iniciada… Non sei, dame medo tanto enigma. Xoga 4-4-2 con Jona e Please Dongou coma posibles dianteiros e iso, a priori gústame, pero non sei. Irémolo vendo có paso das xornadas.

6 · Respecto ás incorporacións e ao que vin antonte no partido podo dicir que: Vieira moi moi ben, Juan Muñiz moi ben (a ver que tal lle vai baixar a defender), Aburjania case moi ben e Jona máis ou menos ben, Lazo, non sei… Ao resto pouco lles vin. Coma sempre, abro debate.

7 · O partido foi un coñazo e aínda por riba perdemos. Menos mal que Denís lembrounos a canción do San Benitiño… Os do Dépor remataron todo canto balón entrou na área pequena. Joder, non se pode andar así pola vida, Bernardo, Leuko e Luis Ruíz.

8 · Onte vin a Bernardo no Mercadona, por certo. Estiven a piques de darlle os parabéns polo estacazo sen xeito que lle mandou a un do Depor na metade do campo e sen vir a nada, facendo alarde da histórica rivalidade cós cascarillas amén de comentarlle as faltas graves que lle anotei durante o partido, pero decidín deixalo seguir mercando tranquilamente peixe. Moi ben, así me gusta, que se cuide.

9 · O certo é que vai a molar moitísimo esta campaña. Non será sinxela, pero dende logo que será apaixoante. Só agardo que tanto xogadores, coma corpo técnico estean á altura das circunstancias e que se dean conta do que significa para nós a nosa camiseta folgada albivermella coa valla de Melilla pintada por diante.

10 · Non me fodas, eh, Hummel. Unha camiseta que Muñiz parecía que lla roubara a o mismísimo Frank T, rapeiros, cunha concertina, ou non sei moi ben o que leva pintado por diante. Esa espalda branca, coa parte baixa en vermello, o pescozo en celeste, esas raias vermellas a carón do pescozo que caen viradas… Buf, non sei, non me gustou; hai que vela de cerca con detalle. Tan complicado sería facer unha como a da Real do ano pasado, pero en vermello e branco? É que molaba moitísimo. Vouna mercar có dorsal de Xabi Prieto, un one club man, xente á cal admiro.

Non me digas. | Foto: CDLU Store.

11 · Bueno, o derradeiro punto adicareirno a incidir no que comentei dous puntos atrás. Xogadores, corpo técnico, institución, sede conscientes do que representa o clube para os lugueses, do orgullo que nos supón poder presumir de vós e incluso deste escudo remozado. Loitade até o último folgo, non mostredes desdén nin preguiza. Pensade que hai moita xente animando, vindo dende moi lonxe para, como mínimo, vervos loitar cos dentes apretados, así que non nos falledes.

Bueno queridos fanes, rematou o primeiro undecálogo da tempada 18/19. Haberá quir ó Wanda para o mes, ou? Xa vos iremos contando.

Polo demáis, antes de despedirme, quero dicirlle ao Gordo que lle debo 16 euros dunha cervezada de hai anos. Esa deuda prescribiu, sí, pero eu non me atopo a gusto sabendoo, o que vou facer vai ser convidalo a comer por aí e a unha sobremesa en condicións, con licor café, que fai moito que non paramos, falamos e rimos coma en tempos.

Fanes, haters e Fernando Seoane Antelo, membro de honra da Peña Lugoslavia, capitán, traballador e loitador incansable que representa á perfección as nosas cores, un saúdo. Até a próxima!

Foto principal: O menda.

David Gordecho, sempre en pe was last modified: agosto 10th, 2018 by Borja García Varela
Comparte:

Deja un comentario Cancelar

Actualidad LGV

  • Academia Lucus Sport Advance

    Lucus Sport Advance, la academia del CD Lugo: siete años de promesas incumplidas

    23 junio, 2022
  • Roberto Trashorras - CD Lugo B / Polvorín

    Roberto Trashorras asume el reto de dirigir al CD Lugo B / Polvorín en su primera aventura en Segunda RFEF

    21 junio, 2022
  • Hernán Pérez Lugo

    ¿Quién es Hernán Pérez, nuevo entrenador del CD Lugo?

    16 junio, 2022
  • Carlos Pita Director Deportivo CD Lugo

    Carlos Pita será director deportivo del CD Lugo y Wagner Molina secretario técnico

    10 junio, 2022
  • Notas CD Lugo 2021/22

    ¡Niños, las notas del CD Lugo 2021/22!

    10 junio, 2022

twitch

estati.co
Red Blanquiazul
Lugoslavia
  • Artículos
  • Actualidad
  • Estación 1953
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidad
  • Política de Cookies
© Lugoslavia - La actualidad del CD Lugo desde un punto de vista diferente
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias mediante el análisis de tus hábitos de navegación. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Aceptar Leer más
Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR