Temos moi de man a Manu, Pita, Escalona, Belfortti, Víctor Marco, Quero, Monti, Zarandona e outros tantos Heroes do Carranza, e ás veces esquecemos que, vinte anos antes dese 24 de xuño de 2012, outra serie de heroes acadaban o primeiro ascenso do CD Lugo a Segunda División da súa historia.
Nese grupo de pioneiros atopábase José Antonio Pérez Alvite, o “Manu” da época: un home de clube que botou prácticamente toda a súa carreira no CD Lugo, un capitán respetado por todos e o encargado de anotar o gol decisivo que outorgaba ao o conxunto albivermello un ascenso a Segunda División. O primeiro da historia.
- Xa van 6 tempadas consecutivas na Segunda División, quen nolo ía dicir…
A verdade é que sí, eu xa levo tres no clube coma delegado. Antes estaba coma socio e afeccionado e, realmente, é de mérito o que se está a facer. Xera moita ilusión ver como medrou o clube e como se atopa actualmente, cousa que debería de ser un orgullo para todos os que estamos dentro así como para a cidade e a afección.
- Cal pensas que son as claves do éxito?
Son moitas esas claves do éxito polas que me preguntas, pero penso que hai dúas fundamentales, unha delas é o equipo que foron capaces de estructurar tanto director deportivo coma presidente, e despois, o traballo do corpo técnico e entrenador. É aí onde radica o éxito.
- Este ano de man de Francisco, parece que as cousas marchan bastante ben. A situación invita a soñar?
Home, o que hai que ser é cautos e sensatos. Esta é unha liga moi igualada onde un par de resultados a favor ou en contra cambian totalmente a clasificación. O que temos que ver é a traxectoria que trae o equipo, como traballa, como entrena, a actitude dos xogadores no campo… evidentemente iso pódese traducir despois en resultados a favor ou en contra.
Francisco é un entrenador que está constantemente dirixindo ao equipo. Transmite esa tensión e esa enerxía para que estean concentrados”.
- Por certo, falando de Francisco, que tal se leva toda esa enerxía que desplega nos partidos. Existe un medo constante a que o expulsen?
No, no, que va! (ri). Xa se ve que Franciso é un entrenador que está constantemente dirixindo ao equipo. O carácter e a tensión seus son os que lle transmite aos xogadores para que estean concentrados en todo momento e non se despiste ninguén, porque él está durante os noventa minutos con esa concentración.
- Que tamén lle transmite esa enerxía ao delegado de campo.
Sí, bueno, lóxicamente transmítenola a todos os que estamos a carón súa.
- Por certo, todo o mundo fala dos delegados de campo, pero a meirande parte da xente non sabe a que se adica. Cales son as labores dun delegado de campo?
O delegado de campo é quen, despois do árbitro, manda sobre o terreo de xogo. Todo o que pasa alí é responsabilidade do delegado de campo. Despois, está tamén en contacto có equipo visitante e con todas aquelas persoas que teñan relación có clube. Esas son as miñas funcións dentro do equipo.


Celebración dun gol. | Foto: X. Marra.
- Foi satisfactorio para ti regresar á disciplina do CD Lugo despois de tanto tempo?
Sí, dende logo. Despois de tantos anos pertencedo a un clube e que o presidente, neste caso, lembrárase de min para formar parte deste proxecto coma delegado, foi algo que sí que me gustou. Ademáis o Lugo lévoo dentro, foi unha parte da miña vida. Sí, estou agradecido e contento porque se lembrara de min.
- Trece anos botaches coma xogador do CD lugo, de seguro terás moitas historias que lembrar.
Sí, gústame comentar sobre todo como evolucionou o clube e como cambiou o mundo do fútbol dende que xogaba eu até hoxe. Iso e ver como foi medrando a entidade e todo que representa hoxe en día. Penso que a cidade e as institucións non son conscientes completamente do que significa que o Lugo se atope disputando a Segunda División. Opino eu que tiña que ter máis repercusión dentro da cidade e que a afección debería valoralo un pouco máis para ter ese plus de apoio para que o clube segua a medrar e, se se pode, tentar acadar cotas maiores.
- Un dos fitos máis significativos foi aquel ascenso. Tes contado en máis dunha ocasión que o Lugo era a Cenicienta e que ninguén agardaba que foramos os campións.
Naquel momento a xente pensaba que nós eramos a comparsa dese grupo porque estaba o Elxe, o San Andreu e o Extremadura e nós eramos, sí que é certo, a cenicienta. Pero eramos conscientes de que tiñamos un bo bloque, un bo equipo, un bo entrenador tamén… había un bo traballo en xeral. Xa xogaramos o ano anterior unha promoción que nos servira de experiencia. Coñeciamos as nosas armas e tiñamos que explotalas. Pero bueno, a realidade é que, cara o público, ninguén nos daba unha posibilidade. Sen embargo o fútbol é fútbol e ten esas sorpresas.


O Lugo do ascenso. | Foto: Fútbol de Lugo.
- Foi duro regresar á Segunda B un ano despois?
Sí que foi, pero tamén eramos conscientes de que según se foron desenvolvendo os acontecementos íase vendo que o clube non estaba preparado para asumir ese reto. Có paso da tempada ías vendo que era algo inevitable. Con moita resignación houbo que aceptalo e asumilo sen máis.


Celebración do gol ao Sant Andreu. | Foto: El Progreso.
- No teu mítico gol ante o Sant Andreu vese unha boa cantidade de xente. Había afección ao CD Lugo ou sucede un pouco como agora?
Sí, daquela tamén había afección, máis ou menos unha cousa parecida a agora, e estaba enganchada porque o ano anterior tamén se xogara a promoción. Neses partidos sí que había máis xente, pero unha vez tivemos a sorte de ascender a Segunda A, tampouco se notou esa afluencia extra. Non, non se notou. En momentos puntuales podía haber partidos de maior afluencia, pero en liñas xerais, unha cousa parecida á que está a ocorrer actualmente (que non é moi sinxelo de explicar dada a situación e a tempada que esta a realizar o equipo).
- Xa nos contaches que dende que xogabas ti a hoxe en día existen moitísimas diferenzas, pero o arrecendo do céspede segue ser o mesmo…
Si, a imaxe cambiou moito pero o que é o céspede e o seu arrecendo segue sendo o mesmo que cando eu xogaba. O campo fai vinte e sete anos que non se levanta e temos que decir que está impecable, e agora con todas as reformas que se fixeron quedou un estadio acolledor, bonito…
- Fálanos daquel carneiro que tiñades. Algunha historia temos escoitado por aí.
Cando eu cheguei aquí o clube tiña unha mascota e esa a mascota era un carneiro. Os vestuarios atopábanse onde está agora a grada sur e antes de cada partido vestíano alí coas cores albivermellas e poñíano na banda coma símbolo (párase e sorrí). Témonos rido bastante có carneiro, sí.
- Hai varias imaxes míticas na historia do CD Lugo, pero hai dúas que están por riba do resto. Unha é a de Manu correndo cara a banda cós brazos abertos e os ollos pechados e outra é a de Alvite de pe, estático, cós brazos en alto agardando que entrase o balón na portería do Sant Andreu. Ambos goles outorgaron o ascenso a Segunda División
Manu mái eu temos unha traxectoria moi paralela. Era o xogador que máis anos levaba no clube, era o capitán, meteu o gol do ascenso…”.
Sí, temos unha traxectoria moi similar, moi paralela. Era o xogador que máis anos levaba no clube, levaba moitos anos de capitán, tivo a sorte, igual ca min, de meter o gol que lle deu ao equipo o ascenso… eu deséxolle o mellor e que logre os maiores éxitos.
- O certo é que existen similitudes entre ti e Manu que vimos de comentar unha é esa que vimos de comentar. Outra é que ambos os dous fúchedes homes dun só clube e iso é máis raro de ver neste fútbol de hoxe en día. Por que, xa non existe o amor por unas cores?
Pois non che sabería explicar. O fútbol cambiou moito, aparte que agora está moito máis profesionalizado, económicamente o nivel é moito máis distinto e dentro dese mundo no que se moven os xogadores até é lóxico que haxa tantas ofertas e que un xogador se mova por interés económico hoxe en día… Anteriormente había moi poucos que viviran do fútbol únicamente e había outras historias que replantexarse.
- Aínda que nós podemos presumir de que temos a Pita, a Seoane… Iriome parece que leva camiño diso tamén e para a afección é de aagradecr.
Sí porque para afección, cando certos xogadores levan xa un tempo dentro do clube, identifícase con eles e é coma se lle quixera máis. Para o clube, ter xogadores de referencia que se identifiquen cós seareiros, tamén é importante.
- Pensas que se logramos ascender a primeira puidese ser un “visto e non visto” coma aquel ascenso do 92?
É moi difícil ascender e no supuesto caso de que iso sucedese creo que hoxe o clube está preparadao para asumir ese reto, coma outros equipos que ascenderon coma o Eibar, Getafe, Leganés… nese sentido o clube non terá ningún problema, o maior problema é conseguir eso, eso é o que entraña a meirande dificultade (risas), pero bueno, evidentemente a xente traballa con ilusión e a ilusión é algo que é moi importante, e iso non pode quitárnolo ninguén, despois xa se verá até onde somos capaces de chegar.
1 Comment
Moi boa entrevista e teño que dicir que estou totalmente dacordo con Alvite no tema da ilusión. A ilusión mercoa cada ano co abono do cd lugo e iso non mo quita ninguén! Disfrutemos da millor etapa da historia do noso clube! Forza lugo!