Artículos

En que situación estamos?

por Denís Iglesias 9 marzo, 2018
Tiempo de lectura: 2 minutos

Por Antonio Vilaseca Darriba

Socio do CD Lugo

O tema é complicado tanto de opinar como de escribir e despois de pensalo un pouco a situación pódese ver como mala, regular e incluso boa, vou dar a miña opinión sobre as tres basándome antes do partido do Granada. A situación mala basándonos nos derradeiros partidos pois só lembrar que neste mes de febrero só sumamos un punto de 12 posibles.

A situación tamén podese ver como regular pois antes do partido do Granada e en caso de perder podiamonos ver en terra de ninguén xa que quedariamos entre 5 e 6 puntos das eliminatorias de ascenso e 9 a 12 puntos lonxe do descenso.

E por derradeiro unha situación boa xa que con 41 puntos a falta de 14 xornadas somos a envexa de moitos clubes con moito mais orzamento e andan con serios problemas e un exemplo e o rival do noso vindeiro viaxe, o Córdoba.

Ata aquí as tres situacións que pódense dar pero agora toca mollarme e para mín a situación non é ningunha das tres senon que é moi boa xa que teño que dicir que despois de seis tempadas deseguidas no fútbol profesional e posiblemente para o vindeiro ano será a setima é envexable pois cun pequeno orzamento e menos afección (pois baixamos os 3000-3500 de sempre) xa que si perdese vese todo negro e se gañamos 2-3 partidos deseguidos imos a ascender así que nin tanto nin tampouco, xa quixeran ter un equipo así en grandes cidades como Santander, Salamanca, Alicante… e moitas outras.

Quero dicir tamén que agardo que sigan moitos anos no clube tanto Francisco de adestrador como Vicente de director deportivo pois con algúns erros como cometemos todos pero en lineas xerais marabillosa labor a dos dous.

A directiva está a cumprir tamén pero ahí xa non quero meterme en terreo fangoso xa que ni son mellores nin piores cos anteriores todos nin os que veñan nos tempos vindeiros xa que eu o único que quero é o ben para noso Clube Deportivo Lugo.

Termino este artigo cós dous berros de guerra,

¡¡¡FORZA LUGO!!! e ¡¡¡ISTO É LUGO, E AQUÍ HAI QUE SACHAR!!!

Comparte:

Deja un comentario