Ola, boas. Seguimos con altas presións non soamente en superficie tamén nas capas altas, aire estable, típico precisamente do verán. Temperaturas altas xa neste momento, especialmente nas zonas do interior, esas nubes altas que son poucas, pois non teñen importancia. Seguimos con altas presións e seguirá o bo tempo”.
Xa que comecei en galego, vou continuar en galego e xa que comecei falando de Santiago Pemán, vou continuar falando del, do noso home do tempo, xa que o partido do CD Lugo non hai por onde collelo. Toda a info que verta será extraída da Wikipedia.
1 · Santiago Pemán é un piloto e inspector de voo da Aviación Civil Galega nado en Santiago o 7 de abril do 1936. É considerado o home do tempo por antonomasia da Televisión de Galicia. De feito xa está xubilado e aínda segue a ser considerado o puto amo da meteoroloxía en Galicia.
2 · Santiago Pemán comezou a súa carreira profesional como inspector de voo e piloto. Voando afeccioouse á observación meteorolóxica e foi quen de acadar unha praza no observatorio do aeroporto de Compostela. Nunca estudou meteoroloxía. A pesares diso, Pemán entrou na TVG no ano 86, nos inicios da canle, e permaneceu alí da orde de 25 anos.
3 · Él mismo conta que un día foi ao plató no que estaba posto un croma e, cando viron como se desenvolvía diante del, contratárono. Dende aquelas foi o home do tempo na TVG, o puto amo das isobaras. Vinte anos despois deixou de ser a cabeza visible da información do tempo para encargarse dos espazos relativos ao estado do mar en horario de madrugada.
4 · Pemán tiña unha forma de presentar a info meteorolóxica que marcou estilo, popularizando palabras e expresións moi de seu, ademáis de termos relativos ao mundo do mar. Tamén achegou ao gran público refráns sobre o tempo.
5 · Con certa carisma xurdiu a figura de Martín Barreiro, un atípico guedellán que tamén daba o tempo na TVG. Có paso do tempo foise para a Primeira, cortou o pelo e perdeu a forza. De cando en cando deixa mostacho e sobe fotos súas ao Instagram na Praia das Catedrais.


Non atopei fotos de Martín Barreiro guedelludo e puxen a Leo Jiménez. | Foto: rockyoubabe.com
6 · A súa popularidade (a de Pemán, non a de Barreiro) chegou a que se lle adicaran camisolas e cancións (xente como outra mítcia coma Ana Kiro e Lamatumbá; Eskakeo adicoulle este temazo…). Ata incluso participou en series de televisión, coma Platos Combinados (probablemente a mellor serie de toda a parrilla mundial).
7 · As súas fillas seguen os seus pasos e tamén continúan coa súa labor, só que elas sí estudaron físicas especializándose en meteoroloxía. Agardo velas na TVG dando o tempo e dicindo iso de: “boa noite e ata mañá”.
8 · Pemán agora sobrevive coma soldado de fortuna. Ten unha páxina web (pechada temporalmente por motivos técnicos). De todos os xeitos, se tes algunha cuestión meteorolóxica cecáis poidas consúltalo nalgún ascensor do país.
9 · No cabildo de Tenerife non estaban en contacto có celebérrimo Pemán, senón probablemente se xogase o partido o domingo e coa auga e o vento teriamos gañado con facilidade e xogando decentemente.
10 · Non coma o luns, que nin Kravel se salvou.
11 · Vou tentar facerlle unha entrevista a Martín Barreiro, que tamén é un puto amo, que carallo.
Fanes, haters, Santiago Pemán e Martin Barreiro, saúdasevos.
PD: Vin o partido.
PD 2: Nada de reguetón.
Se queres prantar patacas / ou se queres acampar / mira a tele galega / escoita a Super P-MAN. / Xa estou na praia deitado / i escomenza a saraviar / seica fuches de esmorga / amigo P-MAN.
Foto: José Manuel Casal, La Voz de Galicia.