Artículos

Ala, veña, adios.

por Xabier Piñeiro Neira 15 junio, 2017
Tiempo de lectura: 2 minutos

Qué cutres somos, carallo, qué cutres. Como cada tempada, decímoslle ós invitados onde está a porta e nin nos despedimos nin nos levantamos do sofá. Que marchen, xa virán outros.

Depois do partido co Levante, que puido, e de feito foi, o último para xente que xa queda marcada na historia albivermella coma José Juan ou Caballero, nin fumos capaces de darlle ó estadio una apariencia digna. Incluso puido ser o último encontro de Manu. E nada. Silencio na grada, silencio insitucional. Somo un clube calquera.

Si algo nos falta ainda que nos poñamos túzaros, é identidade, imaxe e sentimento. ¿Cómo pretendemos importarlle a alguén si nin nos mesmos nos damos importancia?

Vaise Joselu, un tipo que remata a tempada como Pichichi da categoría, entregado en tódolos minutos que xogou, e casi nin nos damos conta. Un aplauso, un photoshop cutre nas redes oficiais, e a andar. Agora chegarán as semanas de chamarlle “pesetero” na barra do bar.

Institucionalmente somos unha vergoña para o que, para min e creo que para a miña xeración, representan o fútbol e o CD Lugo en particular. Non temos valores de ningún tipo por moita campaña de artificio que se pretenda levar a cabo. É unha pena ver como o meu clube se converte nun restaurante de comida rápida, con amplas sonrisas nos cartéis pero con producto de plástico.

Xa non queda casi naide da casa, toda a fruta a recolle xente de fora. Menos mal que nos quedan os Cabo. O Lugo non é de Lugo. É algo que parece de Lugo pero non é de naide porque non se identifica con nada. Pra que che collan cariño tes que saber querer.

Mentres tanto, os do fondo siguen dando leccións que son ben de agradecer. Pódese estar máis de acordo ou non con eles en determinados aspectos, pero son un valor vital para este equipo. A placa a JJ é para regalarlles o abono do ano que ven.

Compra, consume, pórtate ben.

Qué merda de modernidá.

Comparte:

1 Comment

Javier 16 junio, 2017 at 00:29

Ibamos estar en segunada con xente da casa polo carallo

Reply

Deja un comentario