O sol de Decembro non é un sol calquera. É un invitado de luxo a unha festa na que non pega, pero acaba por facerse protagonista e nótase en falta cando se vai.
Si ademais se deixa ver nun festivo, hai que deixalo pasar e invitalo a comer, que nesta época de matanza nunca falta sitio na mesa para un máis entre frebas, chorizo casero e café con gotas.


Reforzaron a rede con bridas. Sabían que Iván a iba reventar.
E para a sobremesa, fútbol. Coller o chaquetón, o bombo e a andar. En Castro o fútbol é como a misa. Hai que ir relixiosamente e profesar a fe dende o principio ata o final. Porque o CD Castro non é un equipo calquera tampouco. O Castro gañouse por dereito propio o feito de botar toda esta tempada de festa e desfrutar da Terceira División.


Suso
Formado por xogadores da casa, rapaces saídos das canteiras lucenses e auténticos veteranos de guerra, os de Iván Lamas van loitar por manter o soño ata a xornada final. Un club no que o presi José Ramón Vega tanto se encarga de poñerlle a calefacción ós de prensa como de dar conta das rifas para o sorteo dun lote de queixos con fines benéficos. Isto é casa.
No verde, todo corazón e collós. Suso leva a voz cantante na defensa. O da Pastoriza ordena ós seus e encárgase de manter a tensión. Xaime, de Outeiro de Rei, leva o brazalete de capitán e pon o fútbol no medio do campo. Arriba, Iván González, un histórico da terceira e da Preferente, está vivindo unha auténtica aventura este ano, sendo a referencia do ataque e marcando goles importantísimos como o que lle deu a vitoria ó Castro contra o Deportivo “B”. Minuto 96.
Recuperación de balón, saída en tromba e, ante a extenuación, decide tirar desde o medio do campo e probar sorte cun porteiro adiantado. O resultado, posiblemente o mellor gol da temporada. Tolería na grada. Celebración coma si dunha


Xaime
final se tratase. O recollepelotas correndo e alentando ás masas. Iván sepultado polos seus compañeiros. Fútbol puro.
No Municipal de Castro temos a varios vellos coñecidos do CD Lugo, que incluso chegaron a xogar na primeira plantilla, como Yebra ou Ziko, que debutou, fixo un penalty e expulsárono. Todo en 5 minutos. Tamén xogan por alí rapaces saídos do xuvenil albivermello como Edrosa (apelido que lle soará ós máis veteranos do lugar) ou Héctor, previo paso pola Sarriana, incluso do Polvorín, como Álvaro ou o peleón Adrián, que xogou un partido tremendo de entrega e traballo.
De momento xa fixeron historia, e o que lles queda. Xaneiro será un mes emotivo polos encontros que trae o calendario. O día 12 será o derbi da Chaira no campo do Vilalbés, e a seguinte fin de semana, visitarán ó As Pontes, que será especial para Iván González. E xa en Febreiro, xogarán no campo do Compostela, sobre un céspede cheo de grandes historias.


Gol no 96.
Nunha época na que isto do fútbol viste de gala e preocúpase máis pola roupa e o peiteado, equipos como o Castro son máis que necesarios. Longa vida.