Artículos

Pereira: “Quería xogar de dianteiro, non na banda”

por Denís Iglesias 12 julio, 2016
Tiempo de lectura: 2 minutos

Jonathan Pereira é un xogador que non deixa indiferente a ninguén. Para ben ou para mal. Amósao no campo e tamén fóra do mesmo. Esta personalidade converteu a súa carreira nun devagar continuo. A última parada do seu eterno tránsito cara a estabilidad é Oviedo. O conxunto asturiano ven de asinar ó avanzado vigués por unha tempada logo de desvincularse do CD Lugo. Viña a ser a gran referencia do novo proxecto de Tino Saqués, mais deixou sensacións desiguais entre a bancada.

26794639202_0945de5a26_b

Jonathan Pereira, fronte ó Alcorcón a pasada tempada | Foto: Xabi Piñeiro – LGV.

A súa alta ficha foi un motivo para esixirlle un punto máis que os seus compañeiros. Rematou a tempada con 35 partidos disputados e 9 goles. “Non me arrepunto de ter xogado no Lugo. O traballo alí fíxome poder fichar polo Real Oviedo”, dixo onte no programa Galicia en Goles da Radio Galega. O futbolista dixo non ter dúbidas cando se lle formulou a oferta do club ovetense, aspirante a ocupar a zona alta da táboa de Segunda División.

Pereira, sen pelos na lingua, dixo que o Lugo non lle ofreceu a renovación “dende o Nadal”. “Fixen bos números, pero quería xogar de dianteiro e non na banda“, asegurou un xogador que botou gran parte da tempada na banda esquerda, co lóxico protagonismo de Pablo Caballero en punta de ataque. Aproveitou as ausencias do arxentino para regresar á que considera como posición natural, e onde pretende que xogue Fernando Hierro, o novo adestrador do Real Oviedo. “Para min é moi importante”, reiterou un Pereira que destacou a cercanía do ex madridista: “A súa figura transmite un respecto especial”.

 

Comparte:

Deja un comentario