Entrevistas

Dani Mallo: “Contra o Xirona xa nos concienciamos de que debiamos ser honestos”

por Iván Rolle 2 julio, 2015
Tiempo de lectura: 3 minutos

Xenio e figura dentro e fora do verde. Dani Mallo demostra a cada palabra que se trata dunha persoa extraordinaria e así o deixou ver nesta entrevista, na que departiu con Lugoslavia e tratou os puntos máis relevantes na súa traxectoria no club.

Certamente estas duas tempadas defendendo a zamarra alvibermella deron ben de si. Un traballador inigualable que aportou experiencia á portería, converteuse nun dos pilares do equipo e fixo de nexo cos seareiros. “Deixo moitos amigos no vestiario. Só podo desexarlles o mellor, nestes dous anos estiven moi a gusto dentro do grupo que formamos”.

Respecto ao seu futuro argumenta que se trata dun profesional que quere seguir xogando. “Non penso nun ano en branco. Non pecho portas a nada, non sei se seguirei en Segunda ou noutra categoría ou se incluso probarei no estranxeiro”, afirma. “Estou aberto a estudar as ofertas que cheguen.”

O de Cambre finalizou a sua relación có clube ao rematar o seu contrato e ao non recibir ningunha oferta de renovación. Aínda así comenta que “para nada me vou doido. Teríame gustado continuar aquí, pero non podo reprochar nada ao Lugo nin a ninguén”. Ademáis di que marcha agradecido coa anterior directiva pola oportunidade que lle deron “de gozar de dous anos marabillosos”, así como “aos novos dirixentes deséxolles a mellor das sortes para axudar a seguir medrando a un club do que seguirei sendo afeccionado por todo o vivido”.

Outro dos auntos que se tratou foi a súa alternancia con JJ na portería. Comentou que xa sabía que Setién empregaba ese modelo de rotacións cos porteiros “e tivémonos que adaptar a él. Ao final saber que en calquera momento podes entrar ou saír supón unha maior tensión, pero tamén axuda a que sempre te manteñas enchufado e creo que conseguiu que ambos désemos un bo rendemento”. Lóxicamente di que “por suposto” lle gustaría ter desfrutado de máis minutos. “Un sempre aspira a xogalo todo. Tívenme que adaptar a un modelo raro de alternancia de porteiros que noutros clubes non é habitual, pero sempre que xoguei intentei dar o mellor de min mesmo”, di.

w_900x700_122150582013-10-12-2325

O paso pola entidada albivermella serviulle para mellorar como porteiro, xa que aquí se lle esixían cousas que noutros equipos eran menos habituais coma o xogo cós pes. “Está claro que iso fai que teñas unha esixencia maior e máis posibilidades de cometer erros”, pero, por exemplo, “xogar cos pés, é algo que ben aplicado pode axudar no rendemento do equipo”.

Outro dos asuntos dos que falou foi o do rendemento do equipo, tanto en liñas xerais coma no último treito da tempada. Sobre isto afirma que non coñece o motivo que lle faltou ao Lugo para aspirar a metas máis altas. “Se o soubésemos teriamos loitado”. Engade ademáis: “Son cousas do deporte, ao final sitúa a cada un onde merece, pero si é verdade que nos quedou o sabor agridoce de non competir por algo máis. Foi unha mágoa, pero supoño que outros equipos coma o Mirandés ou a Ponferradina, por exemplo, se farán a mesma pregunta. A todos nos gustaría estar aí, pero só uns poucos poden entrar”. Di de igual xeito que non se pode “alegar problemas físicos ou motivacionais”. ·O ano pasado xa pasara algo semellante. Somos os primeiros que quixeramos saber o motivo dese baixón porque nos quedou a espiña de non poder vernos un pouco máis arriba”, argumenta.

Un tema obrigado a tratar era o último partido de liga contra o Xirona, xa que ademáis  do encontro en si, o de Cambre militou catro tempadas consecutivas no conxunto catalán. “Está claro que cando ocorren estas cousas sempre hai sospeitas. Pero nós o único que fixemos foi ser honestos. Cando a falta de dez xornadas vimos a situación na que probablemente chegariamos á última xornada xa nos concienciamos de que debiamos ser honestos, profesionais, ir a Xirona a facer o noso partido e competir”. Comenta ademáis que alí viviu “unha etapa moi bonita”, polo que foi duro ver como se quedaban ás portas do ascenso, “pero como profesionais que somos debíamos cumprir coa nosa responsabilidade e intentar xogar como se fose outro partido calquera”, sentencia.

Para finalizar fala do novo proxecto de Tino Saqués. “Agardo que sexan capaces de continuar na mesma liña de seriedade da anterior directiva e consigan facer medrar ao Lugo da forma en que o estaba facendo. Se é conseguindo o que nós non puidemos nestes anos, moito mellor”, culmina.

Foto principal (sin filtro): Flick Ángel Becerra Gende

Comparte:

Deja un comentario