ActualidadArtículos

‘D’aquí nun ano’: o resumo do 2017 de Lugoslavia

por Denís Iglesias 29 diciembre, 2017

E aló vai outro ano. 365 días máis ou menos calculados nos que os seareiros do CD Lugo vivimos de todo. Pero sempre dentro dunha mansa rutina que nos permitiu ver ó club fóra dos postos de descenso. Agás, manda carallo (sic), ó comezo da temporada que transitamos, que pola contra chegou a decembro do mellor dos xeitos posibles. Saudamos ó 2017 cun enfrontamento a domicilio diante do liderísimo Levante que o equipo dirixido por Luis César perdeu pola mínima, e de penalti (transformado por Roger). Despedimos a anualidade con outra derrota, fronte ó Rayo Vallecano por 1-2 logo de que Polaco convertera un lanzamento ó Panenka nun lanzamiento ó Baraka (unha variedade de pataca).

No medio destes dous encontros, un ronsel de sensacións que concluiron o pasado curso coa mellor clasificación histórica do conxunto fundado no 1953. Un noveno posto con 55 puntos que non rematou de satisfacer as ansias luguesas por ver ó seu equipo metido nuns playoffs. Malia o histórico do feito, Luis César, o comandante que levou o temón da nave alibvermella en tan exitosa entente deulle coa porta nos dentes a Tino Saqués no verán para marchar ó Real Valladolid. Esta saída volveu a sumir na incerteza ó Lugo, un estado do que non se consegue despegar o dono de Frisaqués dende que se fixo coa maioría accionarial da Sociedade Anónima Deportiva en 2015.

De Dios a Moreno

O verán trouxo cambios obrigados que xa viñan precedidos por un troco de director deportivo, que se fixo oficial en abril. Chegou Víctor Moreno coa tarxeta de embarque con Albacete como lugar de procedencia. Moreno xa coincidira con Luis César no conxunto manchego. Mais os precedentes resultaron ser casualidades en vez causalidades. Este guedelludo secretario técnico supliu a un Emilio de Dios, que formalizou as contratacións de xogadores como Marcelo Djaló (Fulham) ou Ignasi Miquel (Málaga), que permitiron engordar a caixa dun club pouco acostumado a anotar cifras de ventas. A estes dous habería que sumarlle as decisivas cesións decisivas de Alfonso Pedraza (ata metade de temporada, logo da súa marcha ó Leeds) e de Jordi Calavera.

Malia ‘os Perea’, varias fichaxes feitas por Emilio de Dios son importantes ou deixaron caixa na entidade albivermella

Ambos os dous futbolistas contribuiron a que o Lugo deixara encamiñada a permanencia practicamente no primeiro tramo de tempada. Por último, dous invernais que deixaron pegada. Por unha banda, Fede Vico, actualmente un dos xogadores diferenciais do equipo xunto con Campillo. Doutra Kravets, que pasou dunha tempada a outra a ser un aporte fundamental no lateral esquerdo a un convidado de pedra, fóra dos plans doutro dos protagonistas deste comezo da 2017/2018: Francisco, actual adestrador albivermello. No contrapeso, as pantasmas de Brayan Perea, Lionel Enguene ou Maxi Rolón, cromos descarte fichados a última hora que, por desgraza, deixaron máis impronta, e negativa, que algún dos casos anteriores. Carmona, neste caso por unha continuada xeira de lesións, e Yelko, por inactividade e posterior cesión á Cultural, completan o apartado de apostas fallidas.

Luis César, ese ‘ogro’ que aprendía máis da derrota que da vitoria | Foto: EFE.

Francisco I de Lugo

Co xiro de guion de Luis César en xuño, a directiva e Víctor Moreno tiveron que traballar arreo para buscar un sustituto, e como non, remudar o grupo que acadara o noveno histórico posto. Nun casting acelerado chegaron á final do mesmo Luis Planagumà, Curro Torres e Francisco. O primeiro rematou fichando polo UCAM Murcia, o seguinte polo Lorca e o terceiro saiu como elixido para o banco do CD Lugo, precisamente logo de non ser quen de salvar ó equipo murciano. Planagumà e Curro Torres xa non están no seu posto mentres que Francisco está considerado pola afección albivermella coma unha das grandes fichaxes deste ano. Moreno tamén tivo que facer fronte a baixas importantes como a de Joselu, máximo goleador do ano pasado. Outras saídas destacadas foron as de Manu e José Juan, sobre todo polo seu simbolismo.

Moreno ten sorprendido pola súa capacidade para a oratoria, algo ó que esta cidade non estaba acostumada. Todo o contrario. O protocolo a seguir era un discurso prefabricado sen preguntas incómodas que se acompañaba dunha exhaustiva procura en Google. Agora cada rolda de prensa de presentación está acompañada dunha precisa explicación. Tamén as saídas, como ocorreu con Ignasi Miquel.

O Lugo é este ano unha segunda oportunidade aproveitada para xogadores como Juan Carlos ou Luis Ruiz

O conquense artellou un mercado estival en caladoiros coma foron equipos recén descendidos. Así atopou a Edu Campabadal (por desgraza, lesionado até final de tempada) ou a Juan Carlos (Elche), pezas fundamentais nesta primera volta. No capítulo das novas oportunidades tamén está Luis Ruiz, lateral esquerdo que viña en busca de minutos logo dun comme ci comme ça no Cádiz. Borrou do mapa a Kravets (ou o ucraíno se borrou a si mesmo). Igual de sobresaínte ten sido o rendemento de Ramón Azeez, ó que xa todo o Anxo Carro alcuma Monchiño. Un xenial todocampista que veu convencido por Francisco, titor deste box-to-box na súa época no Almería. Bernardo, do Sevilla Atlético, tamén conquistou a titularidade. Á espera está por ver se a conserva coa fenda aberta coa saída de Ignasi, que de seguro provocara cambios no eixo da zaga.

Víctor Moreno demostra que se pode vivir do fútbol sen ser un ‘falabarato’ | Foto: CD Lugo.

Non lle sairon tan ben outras apostas como Sergio Díaz (cedido do Real Madrid Castilla), suplente en case todos os partidos e que dixo adeus á tempada logo de lesionarse fronte ó Numancia. Ou Donoso, extremo do Córdoba que logo dunha boa pretempada disolveuse por completo. Na traxectoria contraria está Josete, que chegou do Elche co ganas de mellorar e esquecer o pasado. A saída de Ignasi Miquel estalle abrindo unha porta cada unha nova madurez.

Herrera está sendo a gran aposta fallida de Víctor Moreno para o gol, pero está atopando outro lugar

A gran aposta para a dianteira de Víctor Moreno foi Cristian Herrera. Logo dunha pobre bagaxe goleadora no tramo inicial, o punta canario tense reconvertido como un apoio por detrás dun dianteiro que ten tido varios bautismos. Mario Barco é a día de hoxe o ‘neno elixido’ -con todo merecemento- para tarefa do gol, logo de superar unha lesión que non lle impediu entrar rápido na tarefa anotadora para superar a Francisco Fydriszewski ‘Polaco’, máis nome que gol. Nicolás Albarracín (préstamo do Peñarol) e Luis Muñoz (do Málaga) andan gañándose o posto. O primeiro con máis méritos, como o de ser o maior asistente do equipo. O segundo, entre as ansias por gañar minutos e, ás veces, as presas por medrar.

A asignatura pendente da canteira

Os movementos, tanto de entrada como de saída, teñen convertido a este Lugo no menos galego dos últimos tempos. Tan só Seoane, Pita, Roberto e o seu recambio Pablo Cacharrón levan o ADN autóctono na súa sangue, malia que outros coma Iriome demostren ser case máis da terra que moitos dos que pacen dende sempre nela. Tarefa pendente segue sendo a canteira. Houbo un ‘parecía que si’ ó comezo da tempada coa titularidade de Pedro López e a convocatoria de Luis Díaz. Aínda que non sexa 100% da casa, Dani Escriche, que tamén é xogador do Polvorín, tivo varias participacións. Con todo, as baixas non teñen propiciado o salto dos futbolistas do equipo de Preferente que, polo seu ben -e polos do que virán-, debe este ano acadar o ascenso a Terceira.

Cantos pensabamos que esta imaxe nunca ía deixar de producrise… | Foto: EFE.

Máis aló dos nomes o conxunto da afección albivermella vive nun estado de ledicia. Malia o accidentado arranque de tempada, no que o gol tardou catro xornadas en ver gol, a conciencia dun equipo traballador foise impondo. Sen grandes nomes, o CD Lugo tense posicionado no grupo cabeceiro, chegando incluso a ocupar a primeira posición nalgunha xornada. A promoción de ascenso é un estado natural dun bloque traballador, onde se ten normalizado a psicoloxía do arado: é dicir, a capacidade para non sentirse nunca inferior ó rival, para xogar independentemente do resultado, pero sempre conscientes de que o traballo é a única ferramenta válida fronte a siglas históricas e presupostos maiores. Pero como LUGOSLAVIA non é un ser unicelular, aínda que moitos vos empeñedes en tratarnos de ‘ti’ a través das redes sociais, deixámosvos cos destacados do ano dos que compoñemos este proxecto desinteresado e 100% lucensista.

E como din os avós, “d’aquí nun ano, se Dios quer”.

*Cada redactor vai coa súa foto de Twitter, así que cadaquén interprete o que vexa.

Javi Folgueira (@javifolgueira), nuestro 4×4 y ‘hombre dato’

El partido del año: contra el Oviedo en el Anxo Carro. Tal vez no fue el de mejor fútbol, pero sí el tuvo un mejor ambiente por parte de la afición y las ganas que le puso el equipo en la remontada fueron espectaculares.

El jugador del año: si fuese de la temporada pasada, Pedraza sin duda. De ésta, estaría entre 3 o 4, pero si es del año 2017, Seoane. El más constante, y el que mantiene el nivel del equipo temporada tras temporada.

Nota al equipo: con Luis César, un 7. Con Francisco, un 9, así que la nota media del año se me queda en un 8. Con ambos técnicos jugamos bien, tal vez incluso más espectacular con Luis César, pero Francisco aporta un “plus” de oficio que es esencial en esta categoría.

Expectativa: Con un poco más de fortuna de cara al gol (veremos lo que aporta Chuli) podríamos estar entre los 4 primeros de la Liga 123, pero incluso si seguimos a este nivel actual espero un final de temporada en el que luchemos por entrar en los playoff. Para el inicio de la próxima, espero un equipo consolidado, tanto en jugadores como en cuerpo técnico y que con unos pocos refuerzos en puestos clave dé un pasito más y se convierta el próximo año en candidato serio al ascenso (que este año ya lo somos, pero va a estar muy complicado lograrlo).

Borja García, cuando la vida se resume en un ‘undecálogo’ 

El partido del año: Contra Osasuna esta temporada y lo que trajo consigo: comunión con la grada, recibimiento, garra, lucha y victoria. Todas las sensaciones que transmitió; desde el movimiento por redes sociales por parte de afición y jugadores, la intensidad del partido y todos y cada uno de los aplausos, hasta el último.

Jugador del año: Fernando Seoane. Constancia, trabajo y acierto. Lleva siendo un must del Lugo desde que está en Segunda. Hoy día, y a pesar de que Ramón Azeez está a un nivel insuperable, Seoane sigue ahí tal y como es él, callado pero trabajador. No me imagino un Lugo sin él.

Nota al equipo: 7. Desluce el final de la campaña pasada al inicio de ésta, pero la nota justa es un 7. Con la llegada de Francisco el equipo ha aumentado en solidez y actitud. Físicamente están como Terminator y mentalmente también, como el propio Terminator. El técnico almeriense ha conseguido formar un grupo férreo e impenetrable, donde todos y cada uno son importantes, amén de la unidad que transmiten. Además, la inclusión de jugadores de la cantera en el primer equipo (más en los primeros compases de la campaña que ahora, es cierto) ha abierto una puerta para la gente de la casa que tanto deseo. La llegada de Víctor Moreno, el mejor fichaje; plena confianza.

Expectativa: Pasito a pasito, suave, suavesito. Claro que me gustaría estar en un playoff como un loco, que, además, es la competición más emocionante que hay, pero lo primero es seguir sumando y mantener la categoría. El resto, si se sigue trabajando a este nivel y manteniendo el tipo, acabará llegando.

Rubén Fernández (@Dorado_rf), el ‘crooner’ lugoslavo 

El partido del año: No vivir en Lugo y tener que seguir los partidos del club a través de la televisión nubla un poco la visión real que se puede tener a pie de campo. Esta temporada solamente he podido ver dos encuentros in situ, el partido de presentación frente al Mallorca, que estaréis de acuerdo conmigo es mejor olvidar, y el choque frente al Zaragoza. Ya sé que el tres a cero a la Cultural Leonesa o algún otro buen resultado del equipo durante esta primera vuelta superan con creces ese partido frente al Zaragoza, pero lo voy a destacar como mi partido del año por dos cuestiones; el maravilloso gol de Campillo de chilena nefastamente anulado por el colegiado, y la remontada épica de los lucenses en los últimos minutos con un Anxo Carro volcado en una época de incertidumbre para el Lugo de Francisco.

El jugador del año: Sin ninguna duda Ramón Azeez. El nigeriano venía con la vitola de titular y gran jugador y lo ha demostrado con creces. Ha sido un pilar fundamental junto a Seoane en el centro del campo y hoy en día es el eje principal de la maquinaria lucense. Además la cresta estilo mohicano le favorece sobremanera.

Nota al equipo: Esta primera vuelta de la Liga 123 con Francisco al mando merece un sobresaliente. El Lugo ha cambiado el cuerpo técnico, la plantilla y el estilo de un plumazo, pero se ha conseguido adaptar perfectamente a lo que quiere el entrenador y lo han sabido reflejar sobre el césped. Este club deportivo Lugo es un bloque de 9.

Expectativas: Si Víctor Moreno consigue poner algún parche en este mercado de invierno a la sangría de bajas y a la salida de Ignasi Miquel, y Francisco consigue que este equipo siga siendo “una piña”, auguro unos playoffs históricos.

Ramón Rivas (@RamonRivasVS), ‘scouting’ é unha palabra nacida en Guitiriz

Partido do ano: voume quedar coa recente victoria fronte ao Osasuna. Seguramente non foi o partido máis brillante, pero o gran ambiente que se viviu no Anxo Carro sumado á entidade do rival, penso que crearon unha atmósfera moi emocionante que seguramente a moitos nos fixo sentir realmente que este equipo tiña a capacidade de aspirar a estar en Primeira División o ano que vén.

Xogador do ano: non é sinxelo, porque algunhas das referencias da tempada pasada como Calavera ou Joselu marcharon en verán, e futbolistas que están rendendo a moi bo nivel, como Azeez ou Juan Carlos, só levan medio ano en Lugo. Por iso voume quedar con Ignasi Miquel, que a pesar do regusto amargo que nos puido deixar a súa saída, paréceme un central de moitísima categoría e que foi clave en tódolos pasos adiante que deu o Lugo nestes meses.

Nota ó equipo: coincido con Javi. Un 7 para os meses de Luis César e un 9 para os de Francisco. Co de Vilagarcía éramos un equipo atrevido e bonito de ver, pero Francisco encontrou a maneira de pulir os defectos da etapa anterior (defensivos, na súa maioría) sen renunciar tampouco ao balón e a ser incisivos en ataque. Penso que pouco máis se lle pode pedir ao almeriense, e non quero pensar onde estaría o Lugo agora se tivera un dianteiro que marcase as diferenzas de cara a porta.

Expectativas: o ascenso directo paréceme case unha utopía, pero penso que o playoff si que podería ser un obxectivo máis ou menos real en vista do rendemento do Lugo nos últimos meses. Será clave a aportación de Chuli e a recomposición da defensa, onde a saída de Miquel e a lesión de Campabadal nos deixan moi tocados.

Aarón Cabado (@AaronDonovan7), como se Thomas Mann fora albivermello

Partido do ano: a remontada ante o Zaragoza este ano, que na miña opinión serviu coma punto de inflexión para que o Lugo entrase nunha dinámica positiva. Os ingredientes foron inmellorables: xogar ante un dos ilustres da categoría, empezar perdendo e remontar no minuto 92 con goles de Seoane e Iriome, dous dos xogadores favoritos da afección.

Xogador do ano: a pesar de que xa non pertence ao equipo, voume quedar con Joselu. O dianteiro onubense anotou dez goles coa camisola albivermella en 2017, que se traduciron en 12 puntos. Se subtraemos esta cifra do total, o Lugo remataría a tempada pasada en postos de descenso a Segunda B. Por isto, considero que o dianteiro do Granada foi o xogador máis determinante do ano no Lugo.

Nota: coa perspectiva actual pode parecer un tanto inxusto, pero se analizamos a totalidade do ano, a nota é un 7, disgregada así: un 5 á segunda metade da tempada pasada e un 9 á primeira metade da actual. Na última campaña, o Lugo foi o 16º da segunda volta, con 24 pírricos puntos. É certo que Luis César acadou o mellor posto histórico do equipo cunha novena posición, pero este dato é enganoso, xa que o Lugo quedou máis preto do décimo oitavo ca do oitavo.

Expectativas: sempre é difícil facer prognósticos, pero coido que o Lugo pode aspirar a finalizar o ano en promoción, o cal non significa que haxa que esixirllo. Haberá que ver como se recompón a liña defensiva, pero a sensación de que hai equipo para superar os mellores rexistros do Lugo (tanto en puntuación como en posición) é tanxible.

Denis Iglesias (@denis__iglesias), ‘hooliganciño’ de sofá 

Partido do ano: o encontro da primeira volta deste ano contra o Real Valladolid. Foi un empate (2-2) pero soubo a vitoria moral. Primeiro, porque o CD Lugo de Francisco puxo contra as cordas ó equipo de Luis César, que se prometía moi feliz facendo as Américas en Castilla. Revirou tanto o bico que acabou con el na caluga na rolda de prensa. Foi, ademáis, un dos grandes desprazamentos albivermellos. Centos de persoas a centos de quilómetros da cidade amurallada. E moi conscientes de que o Lugo xa non é un convidado de pedra nin un  turista nos campos de equipos con maior historia. Foi ademáis, a proba palpable, de que a arbitraxe vai pesar no teito que nós non nos queremos poñer. A resolución do comité de competición posterior puxo en evidencia o devir dun encontro que debeu ser noso. Sirva como engadido que quedei sorprendido do ben que preparan os mexillóns en Valladolid. Para un emigrante lixeiriño coma min, ver ó Lugo nos arredores da capital do Imperio é sempre un orgullo.

Xogador do ano: o fútbol é táctica para uns. Para outros un deporte. Para algúns de máis aló un negocio. Para min é ocio e psicoloxía, e por tanto escollo a Iriome, un xogador co que me sinto representado ó 100% malia ter nacido en Icod de los Vinos. Recoñezo certo ‘chauvinismo’ nos meus comentarios, pero con este rapaz é imposible, porque el é xa tan de Lugo coma calquera de nós. Representa unha perfecta fusión entre a humildade e o traballo que eu quero para todos os xogadores deste equipo, en Primeira ou en Terceira División. O ano pasado non foi o seu. Escribin un artigo falando da necesidade que tiña o Lugo de ser un ‘múltiplo de 24’. Escribiume unha mensaxe no que contaba o esforzo que estaba a facer para sair dese estado de mediocridade que lle era impropio. Conseguino. Iriome foi a faísca que prendeu o inicio da verdadeira ‘Era Francisco’, con goles decisivos nos últimos minutos, cando o Lugo era unha pantasma que non atinaba nin a mexar por dentro da taza. Ben que me alegro de que teña renovado até 2021. Ben que me alegro de ter unha grandísima persoa como futbolista do meu equipo, un pequeno en corpo grande con filos de cuño lugués. Teño a imaxe do seu fillo maior cun marco no meu cuarto en Madrid. Esa que tan intelixentemente sacou Xabi Piñeiro e que mostra un ‘pequeno-paisano’ no Anxo Carro co que eu me sinto fondamente identificado.

O pequeno ‘maior’ de Iriome, ó que Denís se quere parecer | Foto: Xabi Piñeiro – LGV.

Nota: 8, como media aritmética dun Lugo ó que as veces me custou a vida velo logo de seis horas metido no Alsa (coas súas correspodentes seis de volta a Madrid), pero que me fai sentir moi orgulloso no exilio interior. Luis César demostrou ser un pretoriano toxo que nos evitou calquera suspenso a final de tempada. E ben que llo agradezo, malia que non soubera sacar o mellor dun dos mellores grupos que tivo o CD Lugo. Cando Víctor Moreno anunciou a Francisco eu pensaba o que cantaba latino e sobresaía na OTI. Hoxe sei que ambos os dous son o mellor que lle ten pasado a este club, logo dun verán cheo de incertidumes. Sigo sen entender como funcionan as SAD e como os seareiros rematamos por converternos en atrezzo, con todo, agradezo que xente responsable e profesional poida buscarse a vida neste negocio.

Expectativas: de portas para o mundo exterior, ben é sabido que calquera pon o peito ó sol e di que a promoción de ascenso é un mínimo accesible. Chegar o -case- ecuador da primeira volta con tantos deberes feitos ilusiona. Pero machiños, eu vexo o percorrido histórico do Lugo até o de agora e o do resto de clubes medianos galegos que chegaron máis aló: Pontevedra, Ferrol, Compostela e o extinto CD Ourense e eu doume cun canto nos dentes con volver a estar na categoría de prata. Pero ollo, que iso non cape as ansias de medrar, e sobre todo, de converter o fútbol da cidade nunha alternativa real para moitos mozos que case antes de nacer xa teñen escollido o destino ó que van emigrar. Sexa como for, eu pido cancións nos pubs coa camiseta da cervexa e acostuman a poñerme os temas cun sorriso na boca. Por algo será.

 

Comparte:

Deja un comentario