Artículos

Que carallo queredes?

por Xabier Piñeiro Neira 22 enero, 2017
Tiempo de lectura: 3 minutos

Repito. Que carallo queredes? Vós, os que pitades, os que só sacades a man do bolsillo para coller a cervexa, os que vos credes mellor adestrador que tipos que levan toda unha vida traballando e preparándose para mellorar día a día no oficio de sentarse nun banquillo, vós, os que non dades un solo aplauso en todo o partido e vos levantades da silla no minuto 85 se o equipo vai perdendo, non vaia ser que tardedes en sacar o coche do aparcamento, vós, os que decides ser do Lugo pero non aportades absolutamente nada máis que mal ambiente, críticas ridículas e un silencio no estadio que vos deixa en evidencia xornada tras xornada.

Que carallo queredes? Temos un equipo en Segunda División despóis dunha vida enteira comendo merda en campos de barro, despóis de pasar todas as penurias habidas e por haber. Estamos na parte alta da táboa en pleno mes de xaneiro e temos ó máximo goleador da categoría. Vós, os que credes que a rapaces de apenas 20 anos non lles afecta que a súa propia afección os insulte e lles pite cando dan un mal pase ou perden un balón, os que pensades que temos que estar na Champions e xogando mellor que o Brasil do 70.

  • Co que cobran deberían correr e xogar mellor.

Probablemente moitos de vós cobredes máis por facer moito menos.

Costa soportar a rabia cando despóis dunha derrota non queda case ninguén na grada para aplaudir ós xogadores, que seguramente se marchen para a casa máis jodidos que vos. Non dades nada a cambio dese compromiso que demostra este grupo entreno a entreno, partido a partido. Non merecedes que Joselu se bote as mans á cara ó fallar un remate, non merecedes os seus cabreos cando non lles saen as cousas, nin os ánimos de Calavera durante todo o encontro tratando de animarvos.

Se se xoga ben, non vos vale.

Se se gaña xogando mal, non vos vale.

Se se perde pero se xoga ben, non vos vale.

Se se está arriba non vos vale.

Se se está abaixo non vos vale.

Nunca estades contentos con nada e sálevos a bilis polas orellas. O abono non vos da dereito á destrucción contínua.

Por eles deberíamos dar exemplo.

Non serven as escusas. A moitos non nos gusta o presidente pero durante 90 minutos estamos a morte con eses 11 rapaces que se deixan os collós polo escudo, sexa fora ou na casa. Chegamos a un punto no que vemos o fútbol no campo igual que na casa, e confundimos o amor por un clube con ir á tenda e comprar cada carallada de merchandising nova que saquen para ser o fan mellor equipado. Non, señores, non. Auténticos son os de Brigadas, os de Siareiros Minho e todas esas peñas e grupos que se deixan a gorxa en cada encontro e buscan a forma de viaxar co equipo, ou eses nenos que fan barullo no Fondo Sur e que, posiblemente, moitos sexan os vosos fillos e vos den unha lección.

En que momento se vos olvidou que somos o Lugo? Onde pensades que deberiamos estar?

Que non se vos olvide nunca que sen unha grada que anime unida non imos a ningún lado, sen o voso apoio non imos conseguir nada. Temos que ser nós os que levantemos os partidos cando se torzan. Olvídasenos que os xogadores e os entrenadores tamén son persoas e que necesitan aprecio e calor igual que o resto.

Toda crítica é positiva se é para sumar. Os destructores e os rencorosos non teñen cabida no Anxo Carro, non deberían.

Que carallo queredes e que dades a cambio?

Nada.

Comparte:

Deja un comentario